1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

3217505396 380a0bdbc0 zGaliza - STEG - No DOG do 29/06/2015 publícase o DECRETO 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato e se concreta a implantación da LOMCE en 1º de BAC.


Foto de Giuliano Maiolini (CC /by-nc/2.0/)

Desde o STEG queremos denunciar que esta orde non garante a igualdade de oportunidades para o alumnado á hora de escoller materias, moi particularmente no caso do alumnado que non queira cursar a materia de relixión, reducíndolle a optatividade respecto ao alumnado que si a curse. Pódese dar tamén, directamente, que o alumnado se vexa forzado a escoller esta materia de relixión se desexa cursar algunhas materias concretas (o que soe ser habitual, por ter o bacharelato un forte carácter de especialización).

A explicación de como pode ser isto posible sen vir enunciado explicitamente así no decreto agóchase detrás de dúas decisións tomadas arbitrariamente desde a Consellaría de Educación. Explicamos brevemente o recollido no Decreto, xa que a redacción do mesmo impide detectar esta situación ata que, como ten acontecido, se elaboran as follas de matrícula do alumnado a partir das instrucións recollidas no decreto:

- O problema está no art. 30, 4 b, onde se explica que o alumando debe cursar entre dúas ou tres materias dunha listaxe de materias que poden ser de 4, 3, 2 ou 1 hora semanal. A suma total de horas semanais entre estas materias debe ser 6. As combinacións posibles son, xa que logo, 4+2, 3+3, 2+2+2 e 3+2+1.Nesta última posibilidade é onde aparece o efecto discriminatorio. A causa da discriminación de facto que denunciamos deriva de que a única materia de 1 hora que se oferta obrigatoriamente por orde da Consellaría é a de Relixión, o que obriga ao alumnado que elixa cursar unha materia de 3 horas e outra de 2 a completar o seu “cupo” de 6 horas collendo Relixión, xa que a administración educativa non garante ao alumnado a oferta doutra materia alternativa de 1 hora semanal.

Vexamos un exemplo na modalidae de Ciencias... Unha alumna que queira escoller Tecnoloxía Industrial (3 horas) e TIC (2 horas), tería que coller obrigatoriamente a materia de Relixión para completar o cupo de 6 horas. A Consellaría non ten feito nada para garantirlle a oferta de unha alternativa á relixión...

 

Ciencias

     
 

4h

3h

2h

1h

 

Mat

Tin

Fra

ReCa

 

Bx

LMus

CuCi

 
 

FQ

AnAp

TIC

 
 

DT

Vol

Ant

 
   

AMus

Rob

 
 

18h

DAr

LiH

 

Idéntica situación se produce coas demáis modalidades de Bacharelato.

A Xunta ten que explicarlle á sociedade por que ao lexislar sobre materias de libre configuración autonómica a semana pasada – como son Antropoloxía, Robótica ou Literaturas Hispánicas - non lexislou unha materia alternativa á Relixión de idéntico status e carga horaria – de 1 hora semanal e integrada no bloque de materias específicas-, como lle demandou xa o STEG na fase de alegacións ao decreto, meses atrás, o que tería impedido que esta situación se producise.

Para o STEG só existen dúas respostas posibles a esta pregunta: a primeira, “a menos mala”, é a ineptitude á que nos ten afeita esta Consellaría; a segunda, gravísima, é o desprezo absoluto desta administración por un dereito básico garantido en todo o noso ordenamento xurídico: a non discriminación por razón de relixión. De tratarse dunha situación que a Consellaría non contemplou, debe rectificar inmediatamente este erro. De non recoñecer o mesmo, o STEG estuda emprender accións legais que contribúan a mellorar o xa abultado récord de sentenzas condenatorias que ostenta a actual administración educativa.

Para o STEG resulta intolerable a resposta da administración ante a nosa denuncia, na que opta unha vez máis por apelar á tan manida “autonomía dos centros”, xa que, argumenta, estes poden ofertar as materias alternativas que consideren. A falacia deste argumento - ademais do indignante que resulta a interpretación que a Consellaría fai do concepto de “autonomía dos centros”- é que esquece que é obriga da administración velar polo respecto aos dereitos fundamentais do alumnado e que este valor, como non pode ser menos, é superior ao da autonomía dos centros. Ademais,a administración non garante o profesorado necesario para impartir esta materia, como si fai con Relixión O tratamento que Educación fai das materias de libre configuración do centro non garante, de tratarse dun grupo reducido de alumnas ou alumnos que demanden esta materia, que poida impartirse, o que ten un resultado claramente discriminatorio para o alumnado que non é de relixión.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.