Foto de jorge glez (CCby-nc/2.0/) - Campus de Elvinha, onde se situa a Faculdade de Sociologia da UDC.
Estudantado da faculdade corunhesa emitiu o comunicado a seguir, reproduzido na sua ortografia original:
"Os/as presentes na asemblea de estudantes, PDI e PAS de socioloxía reunida a pasada semana debido ás noticias en torno á suposta fusión de Facultades e Escolas na UDC manifestamos que:
Non estamos a favor dunha posible fusión e de ningún cambio que afecte á Facultade de Socioloxía sen ser nós partícipes no proceso de toma de decisións.
Entendemos completamente antidemocrática e ilexítima calquera acción que se leve a cabo sen ter en conta as facultades e colectivos implicados.
Consideramos que se debe valorar a nosa especificidade como Facultade de Socioloxía, a única existente en Galicia.
Ante a falacia dos argumentos económicos presentados, denunciamos a falta de transparencia e demandamos toda a información sobre as verdadeiras motivacións tras estes presuntos procesos de fusións e cales son as institucións que o demandan.
Por todo isto, á vista da posible creación o vindeiro día 30 dunha comisión que consideramos excluinte, solicitamos a apertura dun proceso de estudo, debate e toma de decisións inclusivo, onde tódolos colectivos afectados de cada facultade (estudantado, PAS e PDI) participen con plenos poderes."