A CIG e a Agal asinaron este protocolo considerando o interese mutuo en promover o reforzo da colaboración científico-cultural entre ambas; a necesidade de desenvolver mecanismos de cooperación que fagan posíbel a participación conxunta en actividades de carácter científico-cultural e o papel da CIG á hora de promover e multiplicar a formación do conxunto da clase traballadora galega.
No protocolo defínese o ámbito da colaboración a desenvolver entre a AGAL e a CIG, con vista a aproveitar as potencialidades recíprocas, loxísticas, humanas e de innovación e establécense as condicións xerais desa colaboración nas actividades de consultoría, aplicación de descontos entre as e os afiliados, así como tamén na divulgación dos cursos aPorto entre as persoas afiliadas.