1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

640px Programming language textbooksGaliza - STEG - Acusa á Consellería de Cultura, Educación e O.U de continuar lexislando a golpe de improvisación. As axudas non garanten o acceso universal aos libros de texto e cargan con máis traballo burocrático ás direccións dos centros coa xestión do fondo solidario de libros. Obriga a mercar libros de texto, e polo tanto, impide mercar material complementario e didáctico a alumnado cunha discapacidade menor ao 65%.


Foto de K.lee (Domínio Público) - Livros de texto de programaçom.

Con data 1 de xuño publícase no DOG sendas ordes nas que se regula o fondo solidario e as axudas para adquisición de libros de texto para alumnado de Primaria e ESO.

STEG considera que a Consellería de Cultura, Educación e O.U., lexisla sen criterio e a improvisación e a falta de planificación volven ser protagonistas:

  • Pódese mercar material didáctico e complementario coas axudas destinadas aos libros de texto, pero só para alumnado cunha discapacidade igual ou maior ao 65%. De forma xeral, o alumnado matriculado en centros ordinarios non poderán optar a mercar material de apoio, complementario e/ou didáctico con esa axuda, e só poderán mercar libros de texto que, evidentemente, non estarán adaptados ás súas necesidades.

  • Recolle a creación dun fondo solidario de libros de texto que estará integrado polos libros adquiridos coas axudas do curso pasado, e con achegas voluntarias de libros vixentes. Non determina qué facer no caso de que o fondo solidario non sexa suficiente para a demanda de libros por parte do alumnado.

  • Redunda na eliminación dun verdadeiro programa de acceso a libros de texto de forma universal.

  • Sobrecarga, unha vez máis, de traballo burocrático aos equipos directivos docentes de todos os centros de Primaria (que, ademais e de forma moi maioritaria, non contan con auxiliares administrativos) e tamén aos de Secundaria (nos que a redución no número de auxiliares administrativos é cada vez maior).

STEG (Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza) rexeita estas novas ordes que regulan os fondos solidarios e as axudas para a adquisición de libros de texto, e reclama unha política eficaz na que o material escolar se refire, que recolla o dereito a un ensino público, gratuito e de calidade en toda a etapa obrigatoria e que garanta a obtención de material didáctico para todo o alumnado matriculado en centros públicos.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.