1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

SERGIOGaliza - LEG - Chegounos á Liga Estudantil Galega un caso alarmante que pon en evidencia o agresivo sistema patriarcal que rexe a Universidade de Vigo.


Dende o ano 2006, diversas organizacións sociais e persoal docente da Universidade de Vigo, entre o que se atopa ADUVi (Asemblea pola Defensa da Universidade de Vigo), veñen denunciando a través de diversos medios e en diferentes organismos a conduta misóxina, homófoba, machista e de apoloxía á violencia de SERGIO PAJARES DOMÍNGUEZ, Xefe de Sección do Servizo de Contratación.

A través dun fío de mensaxería da universidade, ao que teñen acceso máis de 5000 persoas, inclusive o alumnado, este individuo mófase de maneira continua e aberta de calquera iniciativa a prol da igualdade entre mulleres e homes, facendo ataques directos e persoais e mesmo chegando ás ameazas.

Estes son algúns dos exemplos dos contidos das súas mensaxes:

"Asegúrolles, queridos meus, que eu prefiro enfrontarme a unha salvaxe banda de narcosanáticos mexicanos antes que atoparme na desagradable tesitura de ter que competir con esa clase de mulleres que posúen un poderío físico que faría fuxir espantado ao propio Hércules. Definitivamente, e ante a imposición dese novo estereotipo de muller dende o área de igualdade, eu non só lles outorgo o relevo con moito gusto a esas damas, senón que me retiro prudentemente a mis aposentos para facer punto de cruz e tomar o cola cao con galletas, non sexa que en calquera momento se lles ocorra arrearme unas yoyahs se me ven mexar de pé".

"SYRIZA=MISÓGINOS

En Syriza tiene que haber alguna mujer válida... a alguna le saldrá bien la musaka, digo yo".

"A LA PUTA CALLE

[...]

Y, advierto, quien me toque los cojones queda invitado a abrevar de un cubo oxidado un delicioso combinado de Fairy con sosa cáustica en un sótano que tengo insonorizado al efecto.

[...]

A esas personas tan sólo les concedo tres cosas: que se maquillen un poco, se perfilen las cejas y besen las ranas que se encuentren en su ruta, a ver si de una puta vez encuentran su príncipe azul en forma de tronista tatuado de tele 5 y serenan las hormonas".

A pesar das medidas que se tomaron para combater esta situación, o señor Sergio Pajares segue a manter o seu posto como funcionario dentro da Universidade de Vigo grazas á pasividade e a complicidade da Unidade de Igualdade, da Xerencia e da Reitoría. No caso deste último, Don Salustiano Mato de la Iglesia escusou as súas actitudes e comentarios afirmando no Consello de Goberno que "está amparado polo que permite a liberdade de expresión".

Desde a Liga queremos realizar e difundir unha campaña de denuncia, para conseguir entre todas expulsar da universidade calquera tipo de comportamento machista, misóxino ou homófobo, e animamos a todas as organizacións sociais, así como á comunidade educativa e alumnado a se sumaren á persecución e denuncia do individuo en cuestión.

Difundiremos fragmentos dos mencionados correos polas facultades xunto coa súa imaxe.

Non pararemos até que se depuraren responsabilidades e até que Sergio Pajares Domínguez for expulsado da Universidade de Vigo. Do mesmo xeito, exiximos unha desculpa pública por parte de todo aquel que o protexera e fora o seu cómplice.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.