1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

040215 monGaliza - Isca! - Na Galiza existe un conflito lingüístico, sabémolo. Non é novo, sempre existiu malia que durante anos o poder o negase.


A nosa lingua nacional permanece minorizada na propia patria, deturpada e apartada de facto de todos os espazos de poder económico e político, malia que de cando en vez o presidente da Xunta nos agasalle unha sorte de castrapo.

Ao longo dos anos a táctica cambiou, mais a fin segue a ser a mesma: o exterminio do noso idioma. Hai anos o españolismo buscaba unha morte lenta, paulatina e silenciosa; cunha convivencia harmónica e sen conflito, teórica igualdade. Agora a táctica é moito máis agresiva, constante e violenta, unha política castelanizante e antigalega. O PP lexisla acorde aos seus intereses: decreto do galego no ensino que equipara o noso idioma a outros foráneos -contestado por medio das mobilizacións en defensa da lingua máis grandes que se recordan-, eliminación de gran parte dos presupostos orzamentarios para o fomento do galego no ensino público -baixada de medio millón de euros en catro anos-, o nulo cumprimento da Lei de Normalización Lingüística ou mesmo chegando á provocación máis absoluta subvencionando con máis de 300.000 euros a Enrique Iglesias para a "promoción do turismo en Galicia" -en castelán, por suposto- mentres que o orzamento xeral total para a promoción do idioma nos concellos é ben inferior.

E a realidade defínese nunha palabra: emerxencia. O galego deixou de ser a lingua habitual da meirande parte da poboación. Mentres que a Xunta celebraba hai uns meses estes datos como o "incremento do biligüismo", mostra real de cal é o seu verdadeiro obxectivo, nós analizabamos como nunha década deixaron de falar só galego miles de persoas, situándose no 44% do total. Os datos son aínda máis desoladores entre a mocidade, sendo o galego a lingua de uso oficial para o 36% das mozas de entre 15 e 29 anos, fronte a un 63% do castelán, cifra aínda máis agudizada nas rapazas de 5 a 14 anos.

O Partido Popular continúa coa súa política de destrución nacional, parte dun proxecto meditado e nada casual. Por iso estamos chamados a encher as rúas con dignidade e facer da reivindicación da lingua un clamor unánime. Unha reacción á demolición programada da nosa lingua. Venzamos o combate normalizador e demostremos á mocidade e ao conxunto do país que a nosa lingua, alén de ser nosa e o principal sinal de identidade do noso pobo, é digna, extensa e útil. Sabemos que o monolingüismo social e a normalidade só estarán aseguradas nunha Galiza soberana e debemos acumular forzas con ese obxectivo: unha Galiza independente e con monolingüismo social!

Por todo isto, estamos chamadas a nos mobilizar o vindeiro domingo día 8 de febreiro a partir das 12:00 horas na marcha convocada por Queremos Galego, con saída desde a Alameda de Compostela. Un 8 de febreiro onde tamén lembraremos que, hai exactamente 6 anos, as nosas vaquiñas, unha charanga torera e decenas de persoas máis (6 delas condenadas a un total de 11 anos e 5 meses de prisión, ás que lles mandamos sempre a nosa forza solidaria) saímos a demostrar que a dignidade do pobo galego non se negocia e que o españolismo non nos poderá parar no camiño de defender o noso idioma e denunciar a imposición lingüísitica.

Fronte o lingüicidio, monolingüismo social!

Na Galiza só en galego!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.