1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

gerardlopezGaliza - Siareir@s Lugo - O mundo das Sociedades Anónimas Deportivas abre as portas dos clubes a empresarios e inversores con intereses diversos.


Foto de La Moncloa (CC by-nc-nd/2.0) - Gerard López (esquerda) com o líder da direita extrema espanhola Mariano Rajói, em Madrid.

No caso do Lugo, a chave da maioría accionarial semella térselle entregado a Gerard López, un empresario luxemburgués con raíces en Riotorto, concello da provincia luguesa. Deste inversor sábese, entre outras cousas, que foi fundador e dono da escudería Lotus de Fórmula 1, e que fala sete idiomas. Sete, porque o oitavo, o galego, a lingua propia desta terra, é para el un dialecto. Así o fixo saber á audiencia e aos xornalistas do programa Tiempo de Juego, que emite a Cadena Cope en horario nocturno.

Cabe lembrarlle a López que o galego é o idioma maioritario no fútbol da provincia, e que supón unha lingua propia que expresa un punto de vista dun pobo coma é o noso. Non estaría de máis lembrarlle ao futuro propietario do Lugo, e ao propio equipo, a fórmula aplicada por equipos coma o Celta de Vigo, que expresa toda a súa comunicación e sinaléctica no estadio en galego. Calquera que baixe a cotío ao estadio sabe que a meirande parte da bancada exprésase nunha lingua cuxa normalización aínda non é un feito.

Porén esta expresión, o clube segue a ter toda a megafonía en castelán, a diferenza do que ocorre noutros espazos deportivos da cidade, coma os partidos do Prone Lugo A.D. e o C.B.Breogán. Os comunicados de prensa son monolingües, como todas redes sociais. O deporte, un fenómeno de masas e social, debería ser un contexto idóneo para que a lingua galega tomase forza e deixase de ser un idioma de segunda, estado ao que as políticas dos diferentes gobernos autonómicos a teñen relegado.

Nesta tarefa tamén deben implicarse os medios e os xogadores. Resulta magoante que un xogador como Albert Dalmau, xerundense de nacemento, sexa o único que se expresa, aínda que sexa a través da súa conta en Twitter, na fala galega. O seu é un exemplo de que se se quere, pódese. Siareiros Lugo ven tomado parte activa da normalización do galego desde a súa fundación, convertindo ao idioma propio na lingua vehicular de todas as súas comunicacións e actos. Para este colectivo sería un motivo de orgullo que o clube ao que seguimos con toda a nosa paixón se implicase en difundir a mensaxe do Lugo e da cidade no noso idioma, sen medo aos complexos. Que perdesen a vergoña e que todos fosen un pouco máis Dalmau, primeiro por un día, e logo para toda unha vida. Porque o Lugo, en galego, gaña.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.