1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

190814 privadaGaliza - CIG - A Xunta publicou este luns unha orde que modifica os concertos, incrementándoos en 58 unidades máis que o curso pasado.


Este luns, 18 de agosto, a Consellaría de Educación publicou no DOG unha orde pola que se modifican os concertos educativos con centros privados. A CIG-Ensino denuncia que, mentres Educación practica un recorte sistemático, inxustificado e inaceptábel no ensino público, suprimindo centros, unidades e profesorado, segue a incrementar o número de unidades concertadas con centros privados, subindo así os fondos públicos para financiar empresas privadas.

Esta Orde de modificación é produto tamén da LOMCE, promulgada co obxectivo de regularizar os concertos aos centros que segregan o alumnado por sexo (cinco centros ligados ao Opus Dei), algo que a CIG-ensino segue considerando inadmisíbel. Por esta razón, no seu día, a central sindical presentou recurso que finalmente gañou, ao estimar o Tribunal Supremo que non se podían subvencionar con cargo a fondos públicos este tipo de centros. A CIG-Ensino rexeita que unha educación que perpetúa as desigualdades entre mulleres e homes poida ser sostida con fondos públicos e por iso denunciou, desde o primeiro, día, que a LOMCE era, entre outras cuestións, "un subterfuxio para perpetuar un ensino degradante e sexista e que ademais esta desigualdade fose pagada por todas e todos co diñeiro extraído dos impostos que pagamos".

A Consellaría vén recorrendo ao mes de agosto para facer o preceptivo anuncio público no DOG destes concertos ou as súas modificacións, co obxecto de que pasen desapercibidos ao conxunto da sociedade. Mentres no ensino público se incrementan a impartición de afíns e as itinerancias, resultado dos recortes en dotación de profesorado nos centros e da diminución de unidades, a Consellaría aumentou o número de unidades concertadas, ampliando agora os concertos á FP Básica e á Formación en centros de traballo, que é onde xustamente se producen o maior número de incrementos.

A orde publicada hoxe recolle unha suba neta de 58 unidades concertadas máis que no curso 2013-2014, pois aínda que se suprimen concertos en 21 unidades (de Infantil, Primaria, ESO e FP) son 79 as unidades que se incrementan en Educación Primaria, ESO, FP, PCPI, e sobre todo (53 unidades) en Formación Profesional Básica e Formación en Centros de traballo.

Anxo Louzao, Secretario nacional da CIG-Ensino manifestou que "é totalmente inaceptábel e un insulto á sociedade galega esta nova privatización do ensino. Desde a CIG-Ensino denunciamos esta intención permanente desta Consellaría en desprestixiar o ensino público e favorecer o privado".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.