1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

Cartaz Seminario MunicipalismoGaliza - Universidade Invisível - O salón de actos do Campus Universitario de Riazor será testemuña na segunda fin de
semana de maio (venres 8 e sábado 9) do rexurdir da Universidade Invisíbel, que comezará a
súa nova andaina con “Municipalismo dos Comúns. Seminario da Universidade Invisíbel”.


Dito seminario contará cos relatorios de persoeiros que camiñan entre o a academia e o
activismo, entre os que se atopan nomes tan de actualidade como Xosé Manuel Carril ou Xulio
Ferreiro.

O seminario ten a intención a poñer sobre a mesa novas fórmulas de goberno municipal, en
sintonía coas reivindicacións que propoñen unha maior implicación da cidadanía na xestión do
Concello. En palabras de quen organiza, o que se procura é “abrir o Concello ao Común”
facendo deste un órgano verdadeiramente supeditado aos desexos das maiorías. Porén, para que
isto sexa posíbel é necesario reconfigurar cuestións como a relación entre Concello e a
cidadadanía, redefinir conceptos como “Soberanía”, preguntármonos pola conciliación do eido
privado e o público ou pasar dun modelo de beneficiencia a outro de xustiza social. Arredor
destas e doutras cuestións exporán as súas ideas e propostas David Soto, Xosé Manuel Carril,
Xulio Ferreiro, David Castro, Carlos Diz, Henrique Lijó, Iago Carro, María Castelo,
Joám Evans, Antón Fernández de Rota, Antía Pérez Caramés e Belén Fernández Suárez.
As súas palestras serán a porta de entrada ao debate aberto no que calquera asistente ao evento
poderá participar.

Para quen non teña o pracer de coñecela, a Universidade Invisíbel foi no seu día, tal como
se expresaba na súa web, un proxecto “coa vontade de experimentar coas formas da produción
de saber e animar os debates críticos”. Agora rexurde coas intencións intactas, só que as cabezas
que están detrás desta volta son as de quen outrora admirou a Invisíbel dende lonxe.
“Municipalismo dos Comúns. Seminario da Universidade Invisíbel”, un espazo de reflexión e
debate arredor dun tema de máxima actualidade e relevancia, será o primeiro paso nun camiño
que oxalá sexa ben longo.

Podedes atopar máis información, contacto, inscrición no seminario e o verkami co que será
financiado no blogue http://seminariomunicipalismo.blogspot.com


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.