1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

cdopGaliza - CdoP - Debido á presenza da cita electoral constituímos un grupo de traballo que analizase e fixera unha proposta de cara á "nova realidade" que se puidera abrir nas eleccións municipais.


A partir deste momento de reflexión extraemos as seguintes conclusións:

Sabemos que o ámbito local é o espazo adecuado para estruturar unha nova soberanía constituínte, mais pensamos que a institución actual do varón, branco, heterosexual, capacitado, economicamente acomodado, estadista, competitivo, serio, especializado, meritocrático e , en definitiva, promotor da morte como razón de vida; non vai ser a institución que nos encamiñe cara a vida sinxela que queremos vivir, a nuda vida da vida espida das distintas formas de vida. Esta crítica non é tan só aplicable ao concello senón tamén as propias organizacións das que participamos. Por suposto tamén a nosa candidatura.

O capitalismo non ten reforma, e as súas crises non son froito da casualidade e están resultando destrutivas para o sistema-Estado que "ampara" á maioría, nos dereitos básicos para a subsistencia: Alimentación, vivenda, sanidade e educación. É unha preocupación inter-xeracional a sostibilidade social e ambiental nun sistema económico que ten como bases o consumismo, a acumulación de capital en poucas mans e a explotación productivista dos recursos e animais sexan estes humanos ou non.

Os partidos políticos e @s polític@s son parte do problema e non a solución. As máquinas electorais e @s polític@s profesionalizad@s son un obstáculo para que nós podamos exercer a política dun xeito directo e sen mediación. Somos seres políticos e a nosa vida está xestionada polos espellos cóncavos. Formas aberrantes de nós mesm@s nos gobernan. Pouco a pouco morre o povo no abandono da política como feito do cotiá.

A distribución do poder e o liderado é unha busqueda que non debe dar a preguizas políticas. Calquera concentración e excesiva delegación do poder colectivo podería ser posta en cuestión nos futuros modelos de gobernanza.

Creemos que institución da democracia representativa liberal non serve para a creación dunha democracia participativa. Non permite cuestionar as relacións de poder económico, político, social e cultural entre as persoas para avanzar cara unha democracia radical, directa e horizontal.

Non somos veciñ@s, nin cidad@ns, sentímonos aborixes, corpos colonizados polas distintas maquinarias e ferramentas deseñadas para explotación entre seres humáns. Vivimos unha vida que non é nosa, é unha violencia colonial que nos mantén rotos e clasificados en tribos pois tal é designio do dedo colonial. Tentando acadar o éxito dos xenuínos comprometémonos a diario cos valores da opresión.

Gustaríanos ser povo, ese cabo que a maquinaria deixa solto, ou que directamente desbota no lixo e que pode quedar nas persoas como ocorrencias imprevisíbeis, non sometidas a plan nin cálculo. Gustariamos ser povo razón e sentir do disenso e a diversidade.

Vivimos nun tempo acelerado, mas non tan só no ámbito político-institucional senón tamén no ámbito produtivo e reprodutivo. Isto reforzado polo individualismo e a competitividade está producir por un lado unha sociedade insolidaria, consumista e de clase acomodada reticente aos cambios. E por outro os produtos precarizados, empobrecidos, caidos na competición, perdedores ou antagonistas do réxime que estamos na construción de alternativas. O tempo acelerase e a vida perdese nas batallas do réxime que administra a morte.

É imposible practicar a confluencia. Cando menos a confluencia patolóxica das tribos.É imposible mantendo un acordo convivencial que nos fai existir atravesadas polo medo, as intrigas, o odio e a desconfianza. Esta confluencia é o resultado de impoñerse pola razón do común ao resto da diversidade tribal mediante o xogo das maiorías. O resultado coñécese antes de andar o camiño. É un Nós anulador, mecánico , sen vida para soster a necesaria diversidade. É a democracia como aparencia.

E DESPOIS DISTO QUE?. A CANDIDATURA DO POVO E AS ELECCIÓNS 2015

Despois disto, moitas preguntas novas e un montón de incertezas. Aceptamos descoñecer os camiños como premisa para cambiar o actual status quo. Apostamos por non facer o de sempre para non chegar aos mesmos lugares de sempre.

É por isto que decidimos non presentarnos a estas eleccións.

Non nos representamos a nós mesm@s nin representamos a ninguén, queremos dar a coñecer que outros mundos están latexando ao noso carón e somos sensíbeis a cada latexo do noso concello que fala de exclusión, colonización, intrigas, conspiracións e despexos de todo tipo

Imos a colaborar con outras tribos e aborixes no proxecto LIBREDOM http:// pt.slideshare.net/candidaturadopovo/candidatura-42532360 como expresión da vida que nos gustaría compartir coas persoas que habitamos neste concello. Vencellar tribos desde os afectos que nos aproximan para minimizar medos, odios, intrigas, conspiracións e as desconfianzas e multiplicar as colisións entre propostas que xa están funcionando. En definitiva, xerar unha nova convivencialidade entre os sexos, horizontal, autoxestionaria e implicada coa independencia do noso país a través da diversidade de formas que se organicen neste constituínte comunal e nunca finalmente constituído. Unha realidade e múltiples ao tempo en movemento continúo e sen fin. Unha resposta comunitaria ás preguntas do noso concello: Agricultura, alimentación, accesibilidade, saúde, educación e un longo etc que agardamos camiñar xunt@s


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.