1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

320px Agustín Hernández FernándezGaliza - Compostela Aberta - Compostela ocupa o posto 97 de 110 cidades avaliadas.


Foto de Roi González Villa (CC BY-SA 3.0) - O sinistro Agustín Hernández é o terceiro presidente da Cámara Municipal de Compostela colocado polo PP em menos de quatro anos.

O informe elaborado por Transparencia Internacional España sítúa ao Concello de Compostela no posto 97 nunha clasificación de 110 concellos do Estado español. Este informe recolle diversos indicadores para medir o grao de transparencia dos concellos avaliados.

O mellor posto sitúase nun lamentable 60 no indicador de relacións coa cidadanía e sociedade e o peor é o 105 en transparencia económico-financieira. O resto de postos no ranking son o 97 en Información sobre a Corporación Municipal, 97 en Transparencia na contratación de servizos e 85 en Transparencia en materias de urbanismo e obras públicas.

Así mesmo, constátase o incremento das políticas de ocultación coa chegada do Partido Popular ao poder municipal, xa que no ano 2010, Compostela ocupaba o posto 29 nesta clasificación, baixando ao posto 50 no ano 2012 e rematando o descenso aos infernos da transparencia no 2014.

Estes datos non fan máis que confirmar a imprescindible necesidade dunha reforma radical nas relacións municipais co conxunto da sociedade e a constatación que esta mudanza non virá da man dos actuais inquilinos da Casa do Concello. Compostela Aberta defende a figura dun concello con “paredes de cristal” e radicalmente participativo, onde absolutamente todo sexa de coñecemento público e suxeito ao control e debate da cidadanía.

Esta opcíon, é evidente, non é a de Agustín Hernández, nin a do seu partido.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.