1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

291214 alfGaliza - Assembleia Aberta de Coia - Dende a Asemblea Aberta de Coia pensamos que a xestión do patrimonio cultural é demasiado importante para deixalo só ao abeiro de decisións políticas, cuxas miras non van máis alá duns poucos meses ou, ao sumo, esténdese a catro anos vista.


Paralizamos as obras da rotonda polo gasto insultante e inmoral dunha obra nun barrio que está sufrindo con crueza as consecuencias da crise, pero tamén pensamos que unha rotonda non é lugar para emprazar un ben cultural que incluso dende o goberno municipal cualifican como "...un exemplo de patrimonio industrial da cidade...".

A idea do alcalde de emprazar o Bernardo Alfageme na rotonda de Coia semella contraproducente para a propia conservación do barco. Corrosión, deterioro por causas químicas ou microbiolóxicas, agresións antrópicas,..., son algunhas das conxunturas que deberían terse en conta a partir de hipotética instalación do barco na rotonda.

Por este motivo, vemos de solicitar formalmente ao Departamento de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo que se faga pública a folla de ruta, que a corto e medio prazo, asegure a conservación do Bernardo Alfageme. Neste documento técnico deberían establecerse obxectivos, estratexias, temporización, orzamentos, medios técnicos e humanos co fin de controlar os posible danos sobre o barco, sinalando as medidas protectoras/correctoras que favorezan unha correcta conservación.

Esta demanda ante ao Departamento de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo súmase á solicitude realizada ante a Consellería de Cultura da Xunta de Galiza -co fin de que o barco sexa declarado B.I.C.-, xa que pensamos que calquera decisión sobre o futuro deste ben cultural en cuestión non pode ser tomada tan á lixeira.

NON PODE SER, O BARCO NA ROTONDA E A XENTE SEN COMER !!!

Vigo, 29 de decembro de 2014


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.