1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

compostelaabertaGaliza - Compostela Aberta - A Asemblea Cidadá de Compostela irrompe na cidade transformándose nun proxecto municipalista chamado Compostela Aberta. Como plataforma cidadá, traballará pola mellora das condicións de vida da cidadanía, procurando fundar unha nova política, dando lugar a un Concello Aberto baseado na democracia participativa, na transparencia na eficacia e na sobriedade.


Compostela Aberta é un movemento cidadán que comezou a artellarse hai uns meses entre veciños e veciñas de Santiago, produto da indignación tras anos dun goberno corrupto, no que o tráfico de influencias, o despilfarro e a prevaricación primaban sobre as necesidades da xente do noso Concello. “Estamos no nacer dun tempo novo, con novas formas de facer e de estar, pois sabemos que a Democracia Real será sinónimo de cooperación, de calidade de vida e dun futuro mellor, no cal colleremos todas e todos”, declara no seu manifesto Compostela Aberta.

E continúan no manifesto explicitando que a elección do nome non é casual, o Aberta é unha declaración de intencións. Compostela Aberta abre un proceso para elaborar o seu programa coa cidadanía, ainda que algunhas ideas forza terán que estar presentes e dar lugar a mecanismos concretos: Transparencia, Democracia Real e Dereito á Cidade para todas e todos.  

Compostela Aberta elaborará a sua candidatura mediante o procedimento de pirmarias abertas a toda a cidadanía do concello. Invita a todas as persoas a sumarse a sua asemblea quincenal e especialmente aos seus grupos de traballo, dos que irán informando puntualmente na súa páxina web www.compostelaaberta.org. A colaboración de todas é precisa. Chegou o momento da revolución democrática.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.