1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

090914 casasGaliza - STOP Despejos Corunha - A tremebunda historia do IGVS e as 5.000 persoas abaixo do limiar da pobreza agardando por unha vivenda.


Fai pouco máis de dous meses faciamos público dende STOP Despexos A Coruña a situación dunha compañeira de 33 anos enferma de fibromialxia que vive ca súa nai nunha vivenda sen contrato –situación legalmente denominada "en precario"[1]-, na zona dos Mallos, sendo esta compañeira a encargada de coidar á súa nai as 24hrs., xa que esta muller de 56 anos está diagnosticada de demencia e trastornos psiquiátricos, tendo recoñecido ademais un 65% de minusvalía.

Tras a chegada no mes de xullo dunha sentencia firme de Despexo executábel en calquera momento, e logo da realización de tódolos trámites administrativos posíbeis[2], esta compañeira e dous membros de STOP Despexos reuníronse o pasado 31 de xullo co concelleiro de Servizos Sociais da Coruña, Miguel Lorenzo, quen prantexou como única opción que se puxeran "a buscar unha vivenda barata" (os únicos ingresos destas compañeiras son 365'90 €/mes da pensión de minusvalía da nai), sen voltar comunicarse cas afectadas en ningún momento nos últimos dous meses.

Desgraciadamente, temos agora que informar dun novo capítulo de abandono e desleixo institucional. Venlle de ser denegada a solicitude de vivenda pola vía de urxencia que estas compañeiras realizaron ao Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas), logo de terlle sido comunicado que pola vía ordinaria fican insertas nun abultadísimo rexistro de 5.000 persoas necesitadas de fogar que, dito sexa de paso, debería ser a vergoña de calquera administración pública.

Así, segundo explica sen ápice de preocupación nin autocrítica este órgano da administración galega ao que lle corresponden "as competencias e funcións en materia de política de vivenda, favorecendo o acceso dos cidadáns ao dereito, constitucionalmente garantido, dunha vivenda digna e adecuada", non poden tramitar unha vivenda de urxencia para dúas mulleres enfermas –unha delas con sintomatoloxía psiquiátrica crónica-, que non poden traballar e que malviven con pouco máis de 300 euros ao mes porque "sen discutir a precariedade da súa situación", a solicitante "non é quen de acadar unha singularidade tal que permita diferenciala da que están a padecer a meirande parte dos outros 5.000 demandantes de vivenda de promoción pública da provincia".

Sóanvos estas palabras? A nós si: é a "resposta tipo" que ten o IGVS para quitarse á xente pobre de enriba. Un "cortapega" deshumanizado que tanto lles sirve agora para esta compañeira, como fai dez meses con Elisabeth Sanlés, e que ten coma obxectivo escaquearse da súa responsabilidade validando unha humillante competición por ver quen é a persoa máis excluída dentro da exclusión. Diante deste despropósito, parafraseámonos a nós mesmas recuperando as dúbidas que nos xerou esta mesma resposta en decembro do ano pasado: "Que debería facer (...) pra avanzar postos nesta carreira? Cortarse un brazo? Acumular máis fillos? Daríanlles máis puntos pra conseguir unha vivenda se se esforzaran por contaxiarse dalgunha enfermidade?[3]".

Como complemento a esta resposta do IGVS, cómpre destacar que Heriberto García Porto, o novo director nomeado a pasada semana, declarou aos medios de comunicación que a súa prioridade vai ser a rehabilitación de vivendas.... Parecera que son as casas as que teñen dereito a ter xente dentro e non as persoas as que teñen dereito a unha vivenda digna.

Aliás, no colmo da estratexia de descoordinación empregada polas institucións do Partido Popular para evadir responsabilidades que temos denunciado xa en varias ocasións, na notificación trasladada agora a esta compañeira en risco de Despexo, o IGVS considera "aconsellable que se dirixa aos Servizos Sociais da Coruña; aos efectos da posíbel posta en marcha do protocolo de actuación previsto na cláusula segunda, punto 2 do Convenio de colaboración asinado o 8 de abril de 2013, polo Consello Xeral do Poder Xudicial, a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias, sobre a detención de supostos de vulnerabilidade con ocasión do lanzamento de medida familiar e medidas de carácter social", eludindo que a propia Comisión do IGVS que emite esta notificación conta con representantes do Concello da Coruña entre as súas integrantes. Incluso a traballadora social do Concello que se mantén en contacto con esta compañeira en risco de Despexo redactou fai meses un informe favorábel á concesión dunha vivenda, remitido ao IGVS pola Concellaría de Servizos Sociais.

E, por certo, fai xa meses que esta compañeira en risco de despexo apelou ao Convenio entre Xunta, Concellos e Poder Xudicial que propón agora o IGVS, mais malia a que testemuñou nesa solicitude a situación de vulnerabilidade social na que se atopa, nin a Consellaría de Benestar Social nin os Servizos Sociais do Concello deron inda resposta algunha ao respeito.

Dende STOP Despexos A Coruña valoramos que a dramática situación desta compañeira e das 5.000 persoas que precisan un fogar nunha provincia como a da Coruña, que ten máis de 120.000 vivendas baleiras, so pode ser explicable no marco dun escandaloso grado de neglixencia política por parte do Partido Popular, a nivel tanto da Xunta de Galicia como do concello da Coruña.

Animamos á toda a cidadanía a participar nas accións de denuncia que convocaremos para poñer sobre a mesa o hipócrita e brutal abandono practicado por estas institucións.

Non imos permitir que estas dúas compañeiras queden sen casa.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.