1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

050814 sgjGaliza - Revista Abordagem - Para quen isto subscribe e por circunstancias vitais propias que non veñen ao caso, a actitude chulesca e prepotente do "amiguísimo do ex-rei Juan Carlos", o regatista nauta Pedro Campos Calvo-Sotelo, non sorprende.


É a típica actitude de quen se sinte por riba da "plebe" e fai ouvidos surdos as demandas do "populacho" en aras de ser "El" un ente ampliamente superior con espléndidas relacións con a "jet set" da alta liñaxe. Fillo de Marcial Campos, quen se fixera, tirando de artimañas e triquiñuelas, con a titularidade privada do uso das augas termais públicas da viziñanza de Cuntis e das que falaremos nun outro momento (se ben a información ao respeito deste roubo consentido está na rede para quen teña inquedanzas de saber máis agora), e sobriño, por parte de nai, de Leopoldo Calvo-Sotelo, quen fora presidente do goberno español despois do golpe de estado de Tejero; e neto do diputado ultrafascista José Calvo Sotelo, o "Protomártir do Movimento Nacional", quen fixera chamados á revolta militar contra a república antes de ser axusticiado con dois disparos na súa caluga na madrugada do 13 de xullo de 1936 por un grupo de Guardas de Asalto e de militantes socialistas e de quen Dolores Ibárruri, "La Pasionaria", dixera antes de ser "liquidado": "Pensando en su señoría encuentro justificado todo, incluso el atentado que le prive de la vida". 10 anos despois, no 18 de xullo de 1946, Franco otorgaralle o Ducado de Calvo Sotelo, a título póstumo.

Con ese currículum vitae só por razóns de berce, non é extraño que a paixón pola vela do seu pai fora transmitida ao seu quinto fillo, de quen non se coñece máis "habilidades" que a de ser unha das personaxes chave na vinculación de JuanCar con o mundo da vela (mesmo falabase dele como o "representante" do Rei) e a quen se relaciona con os espléndidos turbios negocios de Urdangarín. Mais dexemos iso tambén para outra, non sen antes adiantar que hai fontes que din que o noso Pedro acadou uns 30 millóns de euros tras a súa participación en dúas edicións da Volvo Ocean Race (VOR) con o patrocinio de Telefónica.

Ao que ía era a dar pábulo a información facilitada pola Plataforma SOS Panadeira, con este video onde podese ver como, empregados e alunos do Club Náutico de Sanxenxo, baixan 3 catamaráns pola rampa da praia pública de Iriña, en troques de facelo pola rampa de acceso do porto, e como son remolcados por unha motora pilotada por Carlos Agra, empregado fidel de Campos, pasando a escasos centímetros de bañistas, nun momento no que o forte vento empurraba os barcos á praia, con o conseguinte perigo para estas. Non se pasou nada, pero é a actitude chulesca dos prepotentes o que raia xa no despotismo, de quen fai o que lle peta con o beneplácito da alcaldesa, quen prefire mirar para outro lado e facer ouvidos surdos as demandas da viciñanza; mesmo como en tempos de Franco.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.