1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

3328615097 8dd5742970 oGaliza - CIG - En aplicación da Lei de Transparencia e Bo Goberno, a Xunta de Galiza ven de crear na súa web o Portal da transparencia e goberno aberto. Nun tema tan importante como é a transparencia no sector público, o rigor e a seriedade no tratamento dos datos resulta fundamental. No camiño de acadar a máxima transparencia o que non cabe é a manipulación e a información sesgada no tratamento dos datos. 


Foto de Pimkie (CC by-sa/2.0/)

Neste senso, no apartado Actividade Sindical do citado portal, a información facilitada referente aos costes económicos que, segundo a administración, orixinan os liberados e liberadas sindicais é un burdo exemplo de manipulación malintencionada dos datos. Estase a transmitir unha idea errónea de que a actividade sindical supón un coste extra para a administración, cando é algo rotundamente falso.

Na administración galega ningún delegado/a sindical cobra por exercer funcións sindicais. O salario que percibe cada un deles/as é o salario que lles corresponde polo seu traballo como empregados públicos. Nin máis nin menos. Non existe incremento de gasto ningún. En aras dunha transparencia real e efectiva, a administración galega ten a obriga legal de dar unha información clara, concisa e real.

Do contrario, o que está a facer é contribuir á criminalización da actividade sindical, poñendo aos delegados/as sindicais e aos propios sindicatos no punto de mira da opinión pública.

Dende a CIG esixímoslle á administración galega o máximo rigor e seriedade en aras de ofrecer unha transparencia real e verdadeira.

O artigo 10.C da citada Lei de Transparencia di literalmente:

c) Os permisos para a realización de funcións sindicais, liberados e liberadas sindicais tanto de carácter institucional como as dispensas sindicais, distribuídos segundo relación nominal de persoas e organizacións sindicais ás que están vinculados, así como todos os custes que estas orixinan.

Crédito horario total que ten cada organización sindical e a súa distribución segundo relación nominal de persoas, así como todos os custes que estas orixinan.

O 8 de febreiro de 2013 a Administración asinou un acordo de dereitos sindicais coas organizacións sindicais.

Para un ámbito de case 90.000 empregados públicos e co fin de levar adiante a obriga de representación e negociación que impón o Estatuto básico do empregado público, a lei de función pública, e agora a Lei do emprego público de Galiza, a Administración e as Organizacións sindicais acordan un total de 150 dispensas sindicais asociadas aos titulares de mesas de negociación en todos os ámbitos (Administración Xeral, SERGAS, Ensino e Xustiza).

MESA XERAL DE EMPREGADOS PUBLICOS   15

MESA XERAL DE FUNCIONARIOS      15

MESA SECTORIAL DE FUNCIONARIOS          15

MESA SECTORIAL DO SERGAS           15

MESA SECTORIAL DE XUSTIZA          10

MESA SECTORIAL DE DOCENTES      15

COMISION DE PERSOAL        4

COMITE INTERCENTROS PERSOAL LABORAL           13

MESA SERGAS 24

DISPENSAS PARTICIPACION   24

TOTAL 150

E dicir unha rateo de 1 liberado por cada 600 empregados públicos.

Polo tanto hai 150 liberados e 692 delegados sindicais con horas, tal e como marca a Lei orgánica de liberdade sindical e o estatuto dos traballadores.

Sobre o custe deste persoal dicir que é cero, porque esteamos en funcións sindicais ou non a Xunta nos ten que pagar o noso salario e aparece nos Orzamentos Xerais.

O único custe sería a substitución das persoas liberadas, pero isto non se fai.

Da nova publicada pola CIG hai 3 anos, ISTO SI QUE É TRANSPARENCIA, onde poñen os datos dos 11 liberados institucionais da CIG-Autonómica, só 3 teñen substitutos.

A Xunta o que non fai nin quere facer e poñer a relación de persoas coas horas da que dispoñen. No seu lugar, mete a todos e todas as delegadas e delegados no lote de liberado/a a tempo completo independentemente do crédito horario dispoñíbel a cada un (10 horas, 20, 30 ..). Tampouco quere a Xunta poñer o custe por cada delegado facendo unha falsa estimación.

Concluíndo:

Na Xunta para un ámbito de 90.000 empregados hai 150 liberados institucionais e 692 delegados sindicais.

O custo da substitución deste persoal a Xunta non o quere reflectir e e a CIG estima que non é nin a décima parte do que aparece reflectido.

Por outra banda, a CIG é partidaria de que aparezan todos os datos dos representantes sindicais, delegados e liberados, co posto de traballo, as horas sindicais que teñen, e os salarios, así como quen está substituído e non.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.