1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

020316 sauGaliza - CIG - Xubilados/as e pensionistas da CIG mobilizaranse para esixir a anulación da reforma das pensións e do repago de medicamentos


O colectivo desenvolverá concentracións de protesta en Pontevedra, Vigo, A Coruña, Lugo e Santiago este xoves día 3
O Colectivo de Xubilados/as e Pensionistas da CIG desenvolverá unha serie de mobilizacións en Pontevedra, Vigo, A Coruña, Lugo e Santiago este xoves día 3 para reclamar a anulación da reforma das pensión e dos repagos de medicamentos. As concentracións de protesta terán lugar diante da Subdelegación do Goberno, da Xunta e do INSS entre as 11.00 e as 12.30 horas.

No caso de Pontevedra a mobilización desenvolverase diante da Subdelegación do Goberno español de 11.00 a 12.00 horas, mentres que en Vigo será fronte ao edificio da Xunta de Galiza entre as 11.30 e as 12.30 horas. En Lugo está prevista para as 12.00 horas e na Coruña para as 12.30, en ambos os casos diante das respectivas subdelegacións do Goberno. En Santiago será ás 11.30 horas diante do INSS.

Dende o Colectivo de Xubilados/as e Pensionistas da CIG explican que o motivo principal das protestas é rexeitar a política de recortes aplicada polo PP español e galego nas prestacións sociais públicas, nas pensións e nos servizos á denominada terceira idade, así como nos sistemas de atención á saúde ou á dependencia.

Consideran que as sucesivas reformas aprobadas tanto polo PP como polo PSOE das pensións e da Seguridade Social fan cada vez máis difícil o acceso ás pensións contributivas, rebaixan as pensións de quen accede ao sistema e atrasa a idade efectiva de xubilación. “Ademais optouse en varios exercicios por non revisar o importe nominal das pensións, ou por facelo por baixo da inflación, chegando agora a incumprir a lei para a súa actualización pola desviación do IPC”, indican.

Tamén denuncian que a última reforma das pensións executada polo PP elimina o IPC para incrementar as pensións e promove un duro recorte que pode reducir até nun 20% as pensións futuras sobre as mentiras do aumento da esperanza de vida.

“Todas esta reformas provocan un empobrecemento maior dos pensionistas, aumentando a diferenza negativa en Galiza da pensión media respecto do Estado español. Especial mención compre facer da discriminación das mulleres nas pensións contributivas por unha vida laboral máis precaria e con importantes lagoas de cotización, que xunto a feminización das pensións non contributivas, fai que 1 de cada 4 mulleres maiores de 65 anos estea baixo o umbral da pobreza”.

A todo isto hai que sumar os repagos, a retirada do financiamento público de medicamentos moi usados e o recobro dos medicamentos que se dan nas farmacias dos hospitais, “aféctandonos especialmente aos pensionistas e enfermos/as crónicos/as, converténdose nun novo imposto á enfermidade e nunha grave dificuldade para acceder á medicación, aumentando o sufrimento das persoas”.

“Hiper-repago sanitario en Vigo”

Os xubilados/as e pensionistas da comarca de Vigo organizados na CIG aproveitarán a mobilización do xoves para reivindicar unha serie de cuestións que lles afectan de xeito directo, como é o “hiper-repago sanitario que nos aplican os amigos do PP donos/as do hospital Álvaro Cunqueiro”.

En concreto, denuncian o custe do aparcadoiro, do servizo de televisión e das cafetarías do novo centro médico “por enriba das nosas posibilidades”, polo que reclaman a gratuidade do estacionamento e unha calidade asistencial digna.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.