1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

250216 devesGaliza - CNT - Dentro da campaña desenvolvida pola CNT contra os empresarios Javier Rey e Javier Álvarez e contra a asesoría Táboa Confixest, un novo piquete saiu ás rúas onte para denunciar e informar os veciños e veciñas de compostela das súas práticas explotadoras.


Segundo informa o sindicato, a asesoría da central rúa do Hórreo compostelana «non aplicaba o convenio correspondente o cal implica unha déveda polas diferenzas salariais».

Alén diso, os empresarios obrigaban a realizar horas extra á traballadora filiada ao sindicato CNT «que non eran compensadas».

Por estes motivos, a CNT denunciou «a acumulación de unha déveda de 3000 euros» e iniciou a pasada semana accións sindicais «até que os empresarios salden a súa déveda».

Durante o piquete, a asesoría respondeu os argumentos da organización anarcosindical na língua universal, a música, colocando uns altifalantes coa canción «Habia una vez un circo». Para os organizadores do piquete «non existe mellor definición desta empresa, un circo que utiliza o fraude para encher as vidas dos empresarios de cor e ilusión, roubando o que pertence ás traballadoras».

Salientan os presentes que «frente a cor verde empresarial, estarán sempre a vermella e a negra anarcosindical».


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.