1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

250216 marGaliza - CIG - CIG chama a secundar a manifestación en defensa do sector do Mar, por unha nova política pesqueira e contra a Lei de Acuicultura.


Está convocada para o vindeiro sábado día 27 de febreiro con saída ás 11:30 horas da Alameda compostelá e remate na praza do Obradoiro

A CIG manifesta o seu apoio e chama a participar na manifestación convocada para o vindeiro sábado día 27 de febreiro en defensa do sector do Mar, por unha nova política pesqueira e contra a Lei de Acuicultura. Lei que pretendía impor o PP e que a conselleira acaba de anunciar que retirará diante da oposición de todos os sectores afectados e da sociedade no seu conxunto. A saída está prevista ás 11:30 horas da Alameda Compostelá para rematar na praza do Obradoiro.

Xavier Aboi, responsábel do sector do Mar da FGAMT-CIG, explica que a Lei de Acuicultura do PP, pretendía privatizar as nosas rías e poñelas ao dispor dos intereses das multinacionais. Ao seu entender “foi a presión de todo o sector do mexillón, da baixura e do marisqueo, o que fixo á conselleira ver as orellas ao lobo”.

En todo caso, para Aboi é imprescindíbel saír en defensa do sector do Mar, porque levamos desde a entrada do Estado español na UE, “sufrindo o seu desmantelamento constante, malia ter un enorme potencial para a nosa economía, para a creación de emprego e para favorecer o asentamento de poboación no territorio”.

O responsábel do sector do Mar da CIG entende que, mentres calquera país normal tería favorecido o seu desenvolvemento, aquí “fíxose todo o contrario”, porque se negociou como prioridade o arco Mediterráneo.

Aboi denuncia que se segue a manter o principio de Estabilidade Relativa, que significa que as regras de xogo que se ditaron na entrada da UE seguen inamovíbeis. “Polo tanto, dáse o paradoxo de que hai países europeos que non pescan nin a décima parte da súa cota e se dedican a cambiala en función dos seus intereses”.

Neste sentido explica que hai ducias de toneladas de peixe para consumo humano que podería pescar a flota galega para facela moito máis rendíbel, pero que non pode. “Temos os barcos, pero non nos deixan pescar, a pesar de pasar a xarda ou a anchoa por diante das nosas costas”, asegura e engade que “mentres, Alemaña con 4 barcos ten tres veces máis cota ca nós”.

Segundo Aboi isto mesmo ocorre coa volanta , co arrastre, co cerco, coa baixura... “Entre mentres entran terceiros países en Europa sen controis sanitarios, como si se fai cos produtos galegos, que sofren inspeccións salvaxes, ao tempo que se criminaliza a nosa flota e os nosos tripulantes”, afirma.

O responsábel do sector do Mar denuncia ademais que se está canalizando o sector cara as cotas individuais, o que ao seu entender é “privatizar o mar e facer que grandes inversores compren cota de pesca e despois a vendan”.

Xunto a isto, Aboi denuncia a política de despeces á que se aboca á flota galega con porto base en Galiza ou con capital galego. Unha política na que van gastados xa máis cartos dos que suman os orzamentos da Xunta e que, segundo os seus cálculos supera o millón de euros.

A este respecto lembra a flota que faenaba no banco canario-sahariano ou en Mauritania, onde “chegamos a ter máis de 250 barcos dos cales hoxe hai 230 despezados”. O mesmo que ocorreu coa cota do Gran Sol, onde “tivemos a famosa flota dos 300 hoxe igual chegan aos 60”, di.

Estas son, segundo Xavier Aboi, algunhas d as razóns polas cales a CIG chama a saír á rúa “por unha nova política pesqueira, en defensa do sector do Mar, contra a Lei de Acuicultura e porque queremos seguir vivindo do Mar”.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.