1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

t1Galiza - CUT - O comezo do ano tróuxonos a publicación dunha serie de estatísticas laborais que, en termos xerais, veñen confirmarnos as grandes tendencias que caracterizan a chamada “recuperación” económica.


Continúa a caída da poboación activa nun mercado laboral cada vez máis inestable e desigual.

Na última Enquisa de Poboación Activa do ano 2015, destaca o descenso da taxa de actividade en Galiza, continuando a evolución negativa que experimenta desde 2012. A taxa de actividade mide o número de persoas integradas no mercado de traballo (ocupadas ou demandantes) respecto ao total en idade de traballar. O descenso permanente desta taxa non é, por tanto, algo explicable pola crise demográfica do país (que a fai maior), senón unha problemática máis fonda que ten que ver coas miguadas perspectivas de desenvonver un proxecto vital en Galiza a día de hoxe. O número de persoas activas total, en efecto, tamén experimenta un retroceso tanto en ámbito galego como estatal.

t2

A ocupación sofre unha evolución a simple vista máis positiva. Aínda que cae respecto ao terceiro trimestre de 2015, a comparación interanual é levemente ascendente (arredor de 32.000 persoas máis traballando en Galiza). A interpretación máis verosímil ao contraste entre o devalo da taxa de actividade e o lixeiro ascenso da ocupación pode atoparse, entre outros factores, na precarización do mercado laboral e depauperamento do “Estado do Benestar”. Isto é, as oportunidades laborais en Galiza son de tan baixa calidade e o sistema de protección tan escaso que deixa de ser sostible permanecer como demandante de emprego.

t3

Só uns días após a publicación da EPA, os datos do paro publicados polo SEPE de Xaneiro confirmaban algunha das lecturas que apuntamos. Á marxe de liderar a suba de demandantes inscritas no conxunto do Estado (+3,34% en Galiza, +1,4% no Estado), soubemos da redución da porcentaxe de paradas beneficiarias da prestación de desemprego: menos da metade percibe algún tipo de prestación e destas, tan só o 42% ten dereito á prestación contributiva (o 20% do total). Deste modo, enfraquece a cobertura social. Se, dunha banda, temos unha oferta laboral repleta de mini-jobs á medida da empresa e, doutra, uns servizos de emprego ineficientes incapaces de dar cobertura á exclusión real, resulta perfectamente comprensible que as saídas procuradas por unha grande parte de traballadoras e traballadores se sitúen fóra deste marco.

En cómputo anual, o SEPE revelaba o predominio abrumador da temporalidade nas novas contratacións. Dos contratos iniciais asinados en 2015, só o 4'76% eran indefinidos. Unha porcentaxe máis dun punto inferior ao mesmo cálculo en 2007 (6%).

t4

Tamén coñecemos, a partir dun informe publicado por Intermón Oxfam (Una economía al servicio del 1%) e o debate posterior que suscitou, que o Estado español encabeza, só por tras de Chipre e Grecia, o incremento da desigualdade dentro dos países da OCDE. O salario medio estatal caeu desde 2007 máis dun 20% e, segundo o informe, só 20 persoas alcanzan unha fortuna de 115.100 millóns de euros. Parece que as reformas laborais cumpren os seus obxectivos.

Hai case unha década comezamos a transitar cara un novo modelo de relacións laborais onde, dun lado, o descenso da taxa de paro non significa creación de postos de traballo e, doutro, ter emprego non garante o acceso a unha vida digna. As cifras continúan ilustrándoo inequivocamente.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.