1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

b 450 0 16777215 00 archivos Administradores manu 2015 09 1110971peqGaliza - PDSLG - Ante a crise sen precedentes que están atravesando as  persoas produtoras de leite e mesmo a perspectiva dun posible empeoramento da situación nos vindeiros meses (ameazas de abandono de recollidas, baixos prezos…) a Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego considera inaprazable a posta en marcha dun programa urxente de medidas de apoio ao sector.


Foto do Diário Liberdade - Tratorada reclama preços dignos para o leite em setembro de 2015 em Compostela.

As industrias lácteas e empresas de distribución, que incrementaron a súa posición dominante na cadea nos últimos meses, están a imporlles ás granxas galegas unhas condicións particularmente abusivas (prezos máis baixos ca en calquera parte do estado, fórmulas arbitrarias de pagamento con prezos de leite pó, ameazas de non recoller mentres importan de fóra gran cantidade de cisternas de leite ou produto lácteo envasado, deslocalización da produción e fomento de incrementos noutras zonas, boicot ao desenvolvemento dunha cadea de valor sostible, con prezos e condicións xustas para a parte produtora, etc.).

Diante de todo isto e dada á importancia fundamental que a produción de leite ten en Galiza, con 9.132 granxas, que representan o 56% de todas as que hai a nivel estatal, dende a Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego iniciaron a partir do día 10/02 unha rolda de contactos con todos os grupos políticos para conseguir que de xeito unánime se respalde tanto a nivel galego como estatal un paquete de medidas urxentes que garantan as condicións necesarias (garantía de recollida, prezos sostibles, eliminación de impagos e de contratos abusivos, seguimento do leite que se paga a prezo de pó, control  ordenado dos excedentes…) para que as granxas galegas podan seguir desenvolvendo a súa actividade, e seguir xerando os miles de empregos directos e indirectos que dependen do sector. Destacan así mesmo a necesidade de que Galiza conte con un foro ou instrumento de negociación propio coa presenza de todas as partes do sector implicadas e coa participación activa da administración galega. Non tomar as medidas oportunas ou demorar a posta en marcha das mesmas, meténdonos na primavera con unha situación actual de excedentes agravada e os baixos prezos que están padecer as granxas, pode ter consecuencias fatais como a ruina de miles de familias.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.