1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

300116 secrGaliza - CUT - O Secretariado Nacional da CUT celebrou este mes unha sesión onde se analizou a evolución anual do propio sindicato en termos de "crecemento moderado" mais de "implantación en empresas e sectores de importancia como a CRTVG, Citroën, a Administracion de Xustiza, Benestar..." que contrastan cun problema transversal "a perda de capacidade económica das traballadoras e traballadores e a súa renuncia á afiliación sindical" e os propios problemas da central sindical para comunicar os seus propios éxitos e visbilizarse.


 Tamén outros problemas como a dinámica de participación dos propios delegados e delegadas, e a necesidade de afrontar unha reformulación do modelo sindical tiveron presenza no debate.

No encontro valorouse positivamente a celebración do Econtro Sindicalismo e Movementos Sociais, así como as mobilizacións contra a guerra que se lanzaron dende ese espazo de intervención e coordenación.

Entre outras tarefas de organización das áreas de traballo e secretarías, o Secretariado Nacional abordou nesta xuntanza a decisión de convocar unha Xuntanza Nacional de Delegados e Delegadas para o vindeiro 2 de marzo camiño da celebración durante o mes de abril da nosa Conferencia Nacional que transcorrerá centrada no redeseño do modelo sindical da nosa central.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.