1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

1234Galiza - ODS-Coia - O 30 de decembro de 2015 a Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou o chamado “Programa Contra Desafiuzamentos e de Emerxencia Social para o ano 2016”.


Malia o “rimbombante” do nome do programa, o certo é que, se botamos unha ollada ás bases que o regulan, non son máis que as mesmas “Axudas de Emerxencia Municipais” que ano tras ano viña aprobando e aplicando o concello.

Os requisitos de acceso, as contías, o funcionamento e tramitación destas hipotéticas novas axudas, son idénticos aos do 2015.

Porén, este ano existe unha novidade, que de seguro terá un efecto “perverso” que na práctica pode deixar a moitísimas persoas fóra de optar a estas axudas.

Así, até o de agora, en ningunha convocatoria anterior se establecía a incompatibilidade destas axudas con prestacións periódicas doutras administracións. Co cal, podíamos estar percibindo unha RIGSA ou unha PNC e recibirmos unha axuda municipal puntual para pagar a luz, o alugueiro...

Este ano, atopámonos con que o concello, de maneira consciente e premeditada, engade, na base sétima deste programa, unha “apostilla” que di que estas axudas “en ningún caso constitúen un complemento ordinario do importe das prestacións públicas que poidan percibirse periodicamente (RISGA, PNC, pensións, prestacións por desemprego...), polo que non serán atendidas as solicitudes reiteradas de axudas para os mesmos conceptos”.

Na mesma liña introduce, na base sexta, unha nova especificación, nas circunstancias que impiden a concesión da axuda, sinalando que será causa de denegación da mesma: “non ter utilizado as canles que outras Administracións teñan establecido para atender este tipo de necesidades (RISGA, AIS, etc.)”

Unha diferencia radical co que se establecía anos anteriores, nos que nesa mesma base se prevía que: “Cando de existir non se teñan utilizado as canles que outras administracións teñan establecido para atender estas necesidades, a non ser que sexa para complementar o importe concedido”.

Nesta nova convocatoria suprimen a posibilidade de que as axudas municipais complementen as prestacións e axudas doutras administracións, e sinxelamente, establecen a súa incompatibilidade.

Con estes dous engadidos, que practicamente supoñen o único cambio respecto á convocatoria do ano anterior; o Concello está facendo, na práctica, que familias e persoas que malviven cunha RISGA ou cunha RAI,… que non chegan  a fin de mes, pola escasa contía deste tipo de prestacións, non poidan acceder a este modelo de axudas.

Con estas novas bases, o Concello estannos a dicir ( no papel, e de maneira formal) o mesmo que nos viñan dicindo de palabra e de maneira “extraoficial” moitas das traballadoras sociais das UTS: que se cobro unha RISGA teño que “apañarme”, que non podo pedir constantemente axudas de Emerxencia porque teño ingresos, por moi baixos que estes sexan.

Unha volta de rosca máis. Unha declaración institucional que nos condena á pobreza e á precariedade. Un novo atranco para a cidadanía que peor o pasa. Un programa municipal cada vez máis restritivo e miserento.

Comparativas axudas sociais no Concello de Vigo:

- Orzamentos 2015:
“Axudas Emerxencia Municipais” = 445.000 € + “Cheque Social” = 2 millóns €
Total: 2.445.000 €

- Orzamentos 2016:
“Programa contra desafiuzamentos e de emerxencia social" = 802.000 € + “Cheque social” = 1.640.000 €
Total: 2.442.000 €


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.