Foto de Elentir (CC /by-sa/2.0/) - Bombeiros trabalhando em Vigo.
Mentres que a nivel galego as autoridades políticas das que dependen os servizos de emerxencias tentan abrir un diálogo cos bombeiros, para plantexar a actual situación de replantexamento do sistema de xestión, NATUTECNIA parece que se esforce por demostrar que o “caciquismo empresarial”, é a única carta que sabe empregar para sobrelevar a xestión dos seus parques de
bombeiros, acusan.
Un sistema no que forzaría conflictos cos traballadores dos parques de bombeiros, facendo uso abusivo do réxime disciplinario. “É un erro que os servizos de emerxencias estén en más das empresas privadas, pero mais erro é deixalo a organizacións que carecen de formación en recursos humanos”, apunta Manuel Ventín, do Comite de Traballadores dos parques de bombeiros de Chantada, Sarria e Monforte, que aclara que “Nos tempos que corren os equipos de traballo teñen que dirixirse dende o liderazgo, xamáis dende o caciquismo".
Dende a firma do convenio no ano 2014 a dirección desta concesionaria tramitou máis expedientes sancionadores os traballadores 6 parques que xestiona (3 en Coruña e 3 en Lugo), que o resto de empresas concesionarias (18 parques) do sector nos últimos 4 anos, este feito, unido o retraso dos pagos das nóminas, os imcumprimentos en mantementos dos equipos dos parques e tamen en materia de riscos laborais están a causar gran malestar entre os traballadores.
Esta conflictividade reflíctese tamén nas citas que empresa e bombeiros teñen constantemente ante o SMAC (Servizo de Mediación Arbitraxe e Conciliación), que en moitas das ocasións deriva nos xulgados polas denuncias presentadas por parte dos traballadores, debido a cantidade de expedientes sancionadores que fan dende a dirección desta empresa.