1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

070116 incGaliza - CIG - A sección sindical da CIG en Medio Rural de Ourense considera que o goberno galego pode estar incorrendo en fraude de lei ao outorgar contratos a empresas privadas.


A sección sindical da CIG-Administración en Medio Rural en Ourense vén de denunciar que a Xunta de Galiza segue a engrosar o dispositivo privado de extinción de incendios forestais. Neste sentido, sinala que no DOG do pasado día 4 de xaneiro aparece o anuncio de contratación de brigadas e helicópteros privados para o SPDCIF para o período 2016/2017 onde aumenta tanto o seu tempo de traballo como as súas funcións en detrimento do servizo público SPDCIF.

A sección sindical asegura que, deste xeito, a Xunta de Galiza vai a ampliar estes contratos, tanto no que se refire ao número de brigadas, como á temporalidade do contrato. Explica que así se reflicte no prego de prescricións técnicas e denuncia que xa neste ano haberá brigadas prestando o servizo durante todo o ano. A isto engade que, tal e como figura neste documento, estas brigadas farán ademais traballos de prevención.

Fronte a isto denuncia que a Xunta mantén, a día de hoxe, parte do servizo Público do SPDCIF contratado con temporalidades de 3 e 9 meses, pasando a mans privadas contratacións de todo o ano. “Prescinde das traballadoras e traballadores públicos do SPDCIF cos que conta para desenvolver os mesmos traballos escudándose na falta de cartos, mentres non dubida en ampliar os contratos das empresas privadas que, por suposto, non son para nada máis baratos”.

A sección sindical da CIG en Medio Rural de Ourense lembra que xa denunciaran pola vía penal este tipo de contratos anos atrás e que a consecuencia desta denuncia o propio Tribunal de Contas reflectía de forma clara, no seu Informe, as irregularidades nos procesos contractuais.

“Con estes novos pregos de condicións técnicas podemos intuír, tal e como foi nos últimos anos, a mans de que empresa van ir a caer estes contratos”, adiantan e denuncian que do que se trata é de “dar a entender á opinión pública que non hai cartos para o sostemento adecuado do servizo público SPDCIF, cando por outra parte se conceden cada ano contratos millonarios a empresas afíns”.

Subliñan que o SPDCIF é un servizo creado para desenvolver os traballos que, segundo este prego de condicións, se lle encomendarán a mans privadas, deixando así que se desintegre o dispositivo público intencionadamente coa única finalidade de favorecer ás empresas privadas.

Neste novo contrato, xa non só se establece a extinción para periodos que se podían prever puntuais no tempo como o alto risco, senón que se se amplía a todo ano para facer incluso prevención, desviándose explícitamente as labouras encomendadas ate o de agora ó SPDCIF, ós petos da empresa privada.

Por iso consideran que alén de non ser ético pode estar incorrendo en fraude de lei no outorgamento destes contratos.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.