1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

2013 04 17 AsembleaDelegadosProtestaINSSVigo07.grandeGaliza - CIG - O Consello de Ministros aprobou unha subida do 1% para 2016, o que supón unicamente 6,6 euros/mes.


A CIG denuncia que o Goberno español do Partido Popular segue na súa dinámica de empobrecer o Salario Mínimo Interprofesional (SMI) despois de que o Consello de Ministros aprobase no día de hoxe unha suba do 1% para o ano que vén. Deste xeito, o SMI pasará dos 648,60 euros ao mes actuais (en 14 pagas) a 655,20 euros/mes, o que supón un incremento mensual de tan só 6,6 euros. Na central consideran, en base ás recomendacións da Carta Social Europea, que debera representar o 60% do salario medio, polo que tería que superar os 940 ao mes.

Dende a CIG explican que o SMI, como referencia mínima para a aplicación do salario interprofesional, ten cada ano máis importancia pola ampliación dos ámbitos que afecta. A reforma laboral aprobada polo PP no 2012 está a ter unhas consecuencias desastrosas, perfectamente premeditadas co alcance da reforma, e que causou a desaparición dunha cifra considerable de convenios colectivos no Estado español polos efectos da ultractividade.

Así, estímase que máis de 700 mil asalariados/as quedaron sen convenio nestes tres últimos anos, segundo datos da Comisión Estatal de Convenios. Para este colectivo, o SMI é a referencia mínima actual. Igualmente afecta aos modelos de contratación en formación e prácticas.

Do mesmo xeito, e por efecto da reforma laboral, os convenios de empresa poden hoxe ser inferiores en salarios aos convenios de sector, coa única limitación do SMI; polo que este indicador é especialmente relevante nos sectores do mundo do traballo máis precarios, nos que existe máis fraude na contratación e na xornada laboral.

O último informe da Axencia Tributaria, do ano 2014, desvelou un cadro de pobreza que se instala de maneira estrutural entre os asalariados/as, reafirmando que ter traballo non asegura vivir fóra da exclusión social. En Galiza, máis de 180 mil asalariados/as ingresan menos de 200 euros de media ao mes e un terzo do total percibe menos do SMI. Idéntica proporción se repite no conxunto do Estado. Esta é a realidade do emprego creado polo PP.

Por tanto, o SMI é un factor determinante na incidencia da pobreza. O PP foi especialmente agresivo con este indicador, impoñendo a súa conxelación nos anos 2012 e 2014 e aplicando subas residuais o resto dos anos, de tal maneira que a diferencia de incremento entre os anos 2011 e 2016 son 14 euros/mes.

Así, dende a CIG reiteran a proposta achegada ano tras ano, e formulada en base ás recomendacións da Carta Social Europea: o SMI no Estado español debera representar o 60% do salario medio, polo que neste caso tería que superar os 940 euros/mes.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.