1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

b 450 0 16777215 00 archivos Administradores manu 2015 12 5174861261 aa0a7327d6 zGaliza - CGT - GT, como un dos sindicatos máis representativos de Correos, quere alertar da falta de persoal para levar adiante o traballo acumulado neste mes de nadal.


Foto de El Buho nº30 (CC by-sa/2.0/)

Da CGT indican que este é, tal vez, o mes con maior carga de traballo para Correos nos últimos anos, ao xuntarse a correspondencia electoral, os votos por correo e a paquetería e a correspondencia de Nadal. A isto temos que sumar o aumento exponencial da paquetería que ven de China, que se duplicou no último ano.

A maioría das unidades están a ver como o traballo se triplica contando con menos persoal e uns reforzos a todas luces insuficientes.

Por poñer un exemplo o Centro de Tratamento Automatizado de Compostela, de importancia estratéxica para todo o noroeste do Estado, foi reforzado só con 17 persoas a media xornada e con contratos para as noites dos Venres e dos Domingos.

En reparto Correos recortou máis de 200 seccións de reparto en Galicia nos últimos tres anos, o que leva a unha situación límite ás carterías e ás oficina de atención ao cliente. Para paliar esa situación os contratos que está a facer a empresa son claramente insuficientes. A unidade encargada de xestionar a paquetería na cidade da Coruña está a traballar con un recorte de 3 persoas e dos reforzos de media xornada, co que podemos entender que, no pior mes do ano, esa unidade non está nen ao mínimo do seu persoal.

No día de onte (09/12) o tempo de espera na oficina principal de Correos de A Coruña na quenda de mañá, superaba ampliamente a hora e media de espera, con más de 50 turnos por diante.

Da CGT lembran que o ano pasado con máis persoal e sen o reparto dos votos por Correo e da correspondencia electoral, a paquetería de Nadal tivo máis de de dous meses de retraso en chegar ao seu destino, quedando máis de un mes acumulada no Centro de Tratamento Internacional Adolfo Suarez-barajas de Madrid. Tema recollido polo xornal El País e outros e que foi trending topic en xaneiro de 2015. Chegando a máis de 500,000 os paquetes pendentes de ser traballados.

A CGT non quere que iso volva a suceder este ano e solicita con urxencia o aumento da contratación inmediatamente e de forma drástica tanto en reparto como en atención ao cliente.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.