1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

5174861261 aa0a7327d6 zGaliza - CGT - O persoal de  Correos reuniuse onte con Xulio Ferreiro para lle trasladar os problemas e os incumprimentos no servizo postal na Coruña, especialmente graves neste mes de Nadal. Aportaron copias de máis de 1000 incidencias de reparto só na zona centro da cidade.


Foto de El Buho nº30 (CC by-sa/2.0/)

A xuntanza efectuouse onte, 2 de Decembro ás 18:00 no Concello, Pr. María Pita.

Nun encontro organizado polo sindicato de Correos da CGT o persoal de diferentes zonas de reparto da nosa cidade reuniuse co alcalde para mostrar a súa preocupación e aportar copia gráfica de máis de 1000 partes de incidencia no reparto diario no último ano e medio.

Asimesmo o persoal mostrou a súa fonda preocupación pola falta de persoal necesario para afrontar o reparto de paquetería de nadal, que ademais este ano xuntase coa campaña electoral das eleccións xerais, o que fai que o traballo chegue a triplicarse en algunas tarefas pretendendo Correos facer sen contratar reforzos ou cuns reforzos alarmantemente insuficientes, o que pode levar a non garantizar a entrega da paquetería do nadal.

A CGT Correos aproveitou este acto para solicitar ao concello da Coruña que utilice para as súas comunicacións, incluído as das empresas públicas municipais o servizo público de Correos.

Algúns datos para entender a situación actual

A Coruña perdeu 17 postos de reparto en un ano e medio, (8 da cartería da Mariña, oficina principal, e 9 na unidade de reparto 2- Os Maios)  o que supón que menos persoas teñen que repartir diariamente o mesmo territorio, o que está a supor graves retrasos e incumprimentos da normativa legal.

Correo ten a obriga de garantir o reparto diario en TODOS os domicilios do estado. A pesar dos esforzos do persoal para levar a cabo coa necesaria calidade este servizo público, os recortes e a falta de contratación fan esta labor imposible.

Para denunciar este feito e realizar un estudio do alcance destes incumprimentos, a CGT e o persoal teñen activada unha campaña de denuncia interna onde o persoal informa, por medio dun escrito diario rexistrado oficialmente e dirixido á persoa responsable (Xefe de Distribución da Zona 1), das zonas que non son capaces de repartir por exceso de traballo, debido á redución de plantilla e aos recortes na contratación que está a levar a cabo Correos.

O persoal do distrito 4, que reparte a zona da Praza de Lugo, Juan Flórez, Paseo das Pontes, Rubine, Riazor..., leva rexistrados máis de 1000 informes de pendentes en 18 meses de incumprimentos do servizo postal universal sen que recibirán nin unha soa contestación a ningún deses informes e sen que Correos tomara ningunha medida para corrixir estes incumprimentos. Aínda que esta campaña de denuncia se está a realizar no distrito 4 estes datos son extrapolables a o resto de seccións de reparto da cidade.

Este feito foi elevada á Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia, encargada de velar polo cumprimento do servizo postal diario, que non fixo nada por amañar esta situación. Por ese motivo está presentada unha denuncia, en nome do persoal da Coruña, en el Defensor del Pueblo Estatal, que todavía non está resolta.

Por outra banda estes incumprimentos foron elevados ao Europarlamento, por medio do eurugrupo de Podemos-GUE, e da membra da comisión de desenvolvimento rural Lidia Senra, que elevaron varias preguntas á comisión Europea sobre a calidade e a perda dos servizos postais públicos.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.