1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

4793019651 ce79557b0f zGaliza - MIBG - Reiterando o seu traballo e impulso por unha revisión do caótico sistema de atención ás emerxencias que padecemos en Galicia, e como xa informaron previamente, a MIBG solicitou reunirse coas respectivas presidencias das catro Deputacións Provinciais Galegas. Fai pouco mais dun mes foron recibidos polo Presidente da Deputación de A Coruña, e desta volta foron convocados polo Presidente da Deputación de Lugo.


Foto de Elentir (CC by-sa/2.0)

O Presidente, Darío Campos Conde, e o Deputado Provincial Eduardo Vidal Bahamonde, representante no Consorcio Provincial de Incendios polo Grupo Provincial Socialista, foron os encargados de recibir e debater a situación.

En dita reunión a MIBG comezou por expoñer de forma resumida a problemática de que o actual sistema de xestión dun servizo considerado como básico e fundamental estea a depender puramente de criterios económicos e xestionado por empresas privadas. Isto está encadrado na falta dun plan específico e integrador a nivel Galicia, que produciu nas últimas décadas unha heteroxeneización dos organismos que prestan o servizo, problemas de descoordinación, e en síntese un servizo desigual, cunha efectividade mermada e que non aproveita os recursos destinados á súa xestión pola atomización dos corpos.

De cara a poder poñer remedio a dita situación, plantexan que se vaian dando pasos que nos acheguen a un sistema homoxéneo e coordinado, na liña do que a Lei de Emerxencias de Galicia xa impulsaba no 2007, e entenden que as Deputacións, como entes competentes na materia, son quen de tomar iniciativas na dirección correcta. Un paso fundamental que sería posible a curto prazo sería o rescate do servizo de mans privadas, co engadido de que nas comparativas entre parques equivalentes de xestión pública e privada, o resultado resulta incluso mais económico, cun aforro próximo a un 30% favorable á xestión directa.

Puxeron enriba da mesa que o feito de que as concesións vixentes dos parques comarcais de Lugo caducarán na actual lexislatura, momento que debería aproveitarse para redeseñar o modelo sen dar lugar a reclamacións por lucro cesante das empresas concesionarias.

Por parte do Presidente e o Deputado Provincial mostraron o seu compromiso con que os servizos esenciais deberían ser netamente públicos, se ben aclararon que sen coñecer con profundidade a situación, os custes e as vías para implementar un cambio, non poderían comprometerse formalmente a facelo.

Expuxeron tamén que, sendo un servizo financiado paritariamente entre a Deputación e a Xunta de Galicia, dependerían de que a outra parte seguise a manter dita aportación. Con todo, pese á importancia da cuestión económica, tamén coincidiron con a MIBG en que sendo un servizo de protección das vidas e integridade das persoas non se pode esquecer a efectividade e a calidade do servizo que se poida ofrecer. A pertenza a empresas privadas e non a entidades públicas representa problemas mesmo á hora de actuar en determinados sinistros.

A MIBG acordou trasladarlles toda a información que respalda tanto a problemática que o sistema actual provoca como os estudos dos custos dos sistema mediante xestión indirecta fronte a indirecta, e seguir a manter o contacto de cara a avanzar no tema.

Da MIBG apuntan tamén que tras a súa reiteración do 14 de outubro das solicitudes de reunión ás Presidencias de tódalas Deputacións, aínda seguen a esperar resposta das de Pontevedra e Ourense.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.