1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

151115 consGaliza - CIG - Non figura sequera no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais ao igual que as anteriores.


Ás múltiples irregularidades denunciadas pola CIG, desde hai anos, arredor da xestión da Residencia da Terceira Idade Valle Inclán de Vilanova de Arousa súmase agora unha máis. E é que para sorpresa da central sindical, “Estilo y Moda Dos Andando, S.L., unha empresa que nin figura inscrita no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, é a que está a prestar agora o servizo nesta Residencia. Unha situación que, ao igual que as anteriores, xa se puxo en coñecemento da consellaría, sen que esta dera resposta algunha.

Así o explica Xoán Xosé Bouzas, representante da CIG do Salnés, que lembra que o pasado 29 de outubro se rexistrou un escrito dirixido ao Conselleiro de Política Social no que se poñían no seu coñecemento os feitos que estaban a ocorrer na Residencia Valle Inclan de Vilanova de Arousa e que veñen xa do ano 2013. Un centro que tiña até o de agora dous concursos de acredores, está en fase de liquidación, cos seus administradores inhabilitados xudicialmente e xestionada por empresas non inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (NURTIME, SLU e Residencia de Mayores 2013, SL).

A isto engádese agora que o pasado 30 de outubro, 20 das traballadoras que prestaban o servizo para NURTIME, SLU pasaran a ser contratadas por unha nova empresa denominada SERVICIOS INTEGRALES DOS ANDANDO S.L. , que segundo explica Bouzas “ten un CIF B-27777267 que no Rexistro Mercantil de Pontevedra corresponde coa empresa ESTILO Y MODA DOS ANDANDO, S.L, cuxo obxecto social é a venda de roupa, zapatos e complementos de vestir e que tampouco figura inscrita no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais”.

O representante da CIG subliña ademais que o administrador único desta sociedade é Jesús Pedro Arribas Moratalla; que a súa vez tamén era da entidade EURO CONSULTORES SOCIOSANITARIOS, S.L.. Unha empresa que o representante da CIG no Salnés lembra que “xa se presentara hai aproximadamente un ano para a contratación de prazas aportando para o expediente documentación que non se correspondía coa realidade, xa que non tiña nin traballadores a cargo, nin instalacións coñecidas para facerse cargo dos residentes e estaba actuando en representación desta empresa ‘coñecida como Residencia Valle Inclán de Vilanova de Arousa’”.

Así as cousas, neste intre seguen a prestar servizos neste centro de traballo as dúas empresas RESIDENCIA DE MAYORES 2013, SLU e ESTILO Y MODA DOS ANDANDO, SL. Por iso a CIG inquire ao conselleiro de Política Social para que explique se os cambios nas entidades titulares e xestoras da residencia Valle Inclán foron comunicados.

Denuncia os incumprimentos da consellaría en conivencia coa empresa que, “por deixadez ou desidia están a afectar o persoal e usuarios do centro” e por non pór as medidas necesarias polos reiteradas incumprimentos normativos e exixe, xunto coa adopción urxente de medidas por mor deste cúmulo de irregularidades, unha inmediata actuación no referido aos desperfectos, que cualifica como “graves” nas instalacións, tanto no edificio principal como no traseiro, onde as estancias interiores están sen reparar.

Para a CIG é especialmente urxente que se retire ás 17 persoas adultas que están baixo a tutela da Fundación Pública Galega desta residencia, xa que “pola súa especial situación requiren dun correcto tratamento do punto de vista social e humano e nesta residencia entendemos que non o teñen”.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.