1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

031015 desGaliza - CIG - A cantidade de persoas beneficiarias de prestacións descende e xa é inferior ao 50%.


O desemprego sobe en Galiza o 0,94%, acadando os 215.737 desempregados/as e faino por riba da media do Estado, onde o incremento foi do 0,64%. O paro increméntase máis que no mes de setembro do pasado ano, cando a subida fora do 0,5%. Porén, a afiliación á Seguridade Social cae en 5.700 persoas, case o triple do que aumentou o paro.

A CIG salienta a evolución típica dos datos de paro de setembro, mes no se produce un incremento do desemprego vinculado ao sector Servizos. De feito sobe o paro neste sector un 2,43% mentres que descende lixeiramente no resto e sobe especialmente na provincia de Pontevedra.

Mantense en todo caso a temporalidade na contratación e de feito só o 7% dos contratos asinados no mes de setembro foron indefinidos. Se ben é certo que hai un tímido medre da contratación indefinida respecto do mes anterior (en agosto a contratación indefinida foi de tan só o 5,1%) hai que vinculalo precisamente ao sector servizos porque cando hai máis actividade neste sector –período estival- a temporalidade é tamén maior.

Con todo, o máis preocupante é a caída da afiliación á Seguridade Social en 5.700 afiliadas/os menos, mentres que o incremento do número de persoas desempregadas rexistradas foi de tan só 2.005. Datos que obrigan a preguntarse por que desaparecen 3.695 persoas ou se estamos diante dun novo éxodo de galegos/as ao exterior en busca dun posto de traballo.

Para a CIG esta situación cómpre vinculala ao crecemento económico que en Galiza foi tan cativo como para quedar de última da cola en 2014, o que ten consecuencias obvias na “non” creación de emprego.

Isto contrasta, segundo valora o secretario confederal de Emprego, Miguel Malvido, coas declaracións propagandísticas dos membros do goberno galego encabezado polo seu presidente. “Fixeron reformas laborais que provocaron rebaixas de salarios, contratos lixo, despedimentos máis baratos, perda de dereitos laborais e sociais. Reformas cun marcado carácter ideolóxico que só beneficiaron ao sector empresarial”, afirma.

Fronte a isto denuncia que o que non se fixo foi articular medidas destinadas a favorecer os nosos sectores produtivos, “non xa as que propuxemos nós a través da ILP que varreu o PP coa súa maioría parlamentaria, senón ningunha outra”.

Por iso exixe que en vez de pensar en lexislar en función dos intereses da patronal se comece a pensar nos intereses das galegas e dos galegos e a gobernar para o conxunto do país.

Exclusión social

Especialmente grave é, para Malvido, que parello a isto só o 49% das persoas desempregadas, 106.539 son beneficiarias dalgunha prestación e que destas, só o 44,07% perciben unha prestación contributiva. Unha situación que debería obrigar tamén ao goberno galego a adoptar, de inmediato, medidas para evitar que as miles de persoas que non teñen ningún ingreso se vexan abocadas á exclusión social.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.