Centos de traballadores e traballadoras, empregad@s públicos e subcontratad@s, pertencentes ao servizo de prevención e extinción de incendios percorreron os arredores de San Caetano nunha marcha ruidosa onde se podian escoitar lemas contundentes como “Quen apago o lume? nos e non a UME (Unidade Militar de Emerxencias)”.
A manifestación realizou varias paradas nas distintas entradas do complexo administrativo onde @s traballadores fixeronse notar golpeando as pás de extinción contra o chan, rematando na porta principal de San Caetano onde se leu un comunicado.
Desde CNT facemos un chamamento aos traballadores para que sigan loitando polos seus dereitos, facendo fincapé na necesaria re-organización do sector que permita extender a loita e os dereitos a tod@s os que compoñen actualmente o sector forestal en Galiza.
Ante a pasividade e indiferencia da Xunta cos que se xogan a vida no monte, para que apagar o lume deixe de ser un negocio para os de sempre e por un sector forestal organizado e digno... Adiante coa loita!