1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

220915 GlifosatoGaliza - SLG - A Plataforma Fumigacións Non, da que forma parte o Sindicato Labrego Galego, vén de iniciar unha campaña baixo o nome #LibresDeGlifosato.


 Esta acción consiste en presentar mocións nos concellos para paralizar o uso de herbicidas con glifosato en todo tipo de lugares públicos. Para participar nesta campaña, o único que tedes que facer é descargar un modelo de moción da propia web do SLG, na icona que hai ao remate desta páxina, e seguir as instrucións para rexistrala nos vosos concellos. A intención é sumar o maior número posible de municipios declarados libres de glifosato na Galiza.

Como xa informamos no Fouce 308 (pax. 20), o glifosato vén de entrar na lista de herbicidas canceríxenos da Organización Mundial da Saúde (OMS). Este agroquímico é un composto que aparece en moitas marcas comerciais de herbicidas que se están a usar de forma bastante común en lugares públicos para realizar tarefas de mantemento, limpeza de malas herbas e prevención de incendios. Tralo seu uso, tense detectado glifosato no aire, na chuvia e mesmo nos nosos corpos, pois é unha substancia moi soluble en auga e persistente no chan. O glifosato contamina os acuíferos, é tóxico para a fauna acuática, os animais domésticos ou o gando, e esparéxese sen control polo subsolo.

Existen estudos científicos que relacionan o uso do glifosato con afeccións e enfermidades. Entre os efectos adversos deste principio activo describíronse toxicidade subaguda e crónica, danos xenéticos, trastornos reprodutivos, aumento da frecuencia de anomalías espermáticas e cancro.

Tes máis información no seguinte ENLACE.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.