1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

2015 09 18 aparcadoiroGaliza - ODS-Coia - A ODS-Coia e o G.A.S. convoca o VENRES 18 de setembro un ACTO baixo o lema: RESCATEMOS ás PERSOAS, NON aos APARCADOIROS. Será no aparcadoiro de Castelao (cruce avda. Castelao coa rúa Dr. Darío Durán) a partires das 11:30.


Recentemente saía na prensa que o Concello de Vigo ía destinar un total de 6,4 millóns de euros aos aparcadoiros da avenida de Castelao e da rúa Jenaro de la Fuente.

A Xunta de Goberno Local do 25/06/2015 aprobou unha “compensación económica” a favor de empresa adxudicataria da concesión dos aparcadoiros, “Cocheras Olívicas de Puentes S.A.”, presuntamente para manter o equilibrio económico da concesión, e que supón o pago de 1.600.000 anuais a aboar entre os anos 2016 e 2019.

Ás convocantes achan "intolerable que un Concello cun departamento de Benestar Social colapsado por falla de persoal, que non atende as necesidades máis básicas das persoas, que restrinxe as axudas económicas cada vez máis, e que regatea cos cartos públicos nas situacións de precariedade e pobreza, destine semellante cantidade de cartos para “rescatar” a unha empresa".

A mercantilización dos espazos públicos, a xestión empresarial dos concellos facendo de promotores de negocios ruinosos (disfrazados de aparcadoiros públicos), traen como consecuencia que se deban cartos e favores as empresas, mentres a cidadanía é a que sofre e acaba pagando débedas “ilexítimas”. Neste caso iniciadas con Porro e aplaudidas por Caballero, a nefasta xestión do Concello de Vigo, fai que mentres que ás veciñas se nos obriga a agardar meses por unha axuda de emerxencia social, unha empresa privada vaia recibir máis de 16 veces o presuposto municipal anual para ese tipo de axudas.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.