1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

150915 leiteGaliza - SLG - SLG expresa o seu apoio total aos gandeiros e gandeiras que manteñen o bloqueo en industrias e distribuidoras.


O Sindicato Labrego Galego quere expresar o seu apoio total aos gandeiros e gandeiras que están a manter o bloqueo ás industrias lácteas e centrais de distribución, moitos e moitas delas tras levar máis dunha semana cos tractores na rúa e facendo un enorme sacrificio persoal, familiar e económico, e mesmo a grandes distancias do seu fogar para reforzar concentracións en comarcas onde precisan apoio para manter as protestas. A este esforzo hai que engadir o drama de ter que derramar millóns de litros de leite porque non se puxeron aínda sobre a mesa solucións realistas e fiables para solucionar o problema.

E o problema é que a totalidade das 9.300 granxas de leite galegas están cobrando por baixo dos custes de produción, moitas a niveis ruinosos inferiores aos 20 céntimos, outras ao borde do desafiuzamento e do peche, e mesmo algunhas aturando impagos de varios meses, como as que fornecen Lácteos Pérez na comarca do Xallas.

A actitude cívica dos gandeiros e gandeiras que están a loitar polo seu posto de traballo e polo futuro dun sector económico esencial para Galiza e para o noso medio rural, contrasta coa falla de solucións urxentes que deberían pasar por:

Que na cadea de valor se garanta con leis e normativas unha marxe suficiente para que as granxas cubran os custes de produción e uns salarios dignos para quen traballe nelas.

Anulación dos contratos-lixo vixentes nos que se impuxesen prezos por baixo deses custes

Distribuidoras como Vegalsa e Mercadona veñen de anunciar subas de 2 céntimos no litro de leite. Tamén anunciaron Leite Celta e Central Lechera Asturiana que ían deixar de formalizar contratos á baixa. Para o Sindicato Labrego Galego, trátase de xestos positivos, pero non debemos esquecer que o horizonte cara ao que camiñan as mobilizacións actuais é o de acadar un prezo que cubra os custes de produción e unhas marxes de beneficio dignas nas granxas. Ademais, cómpre non esquecer que medidas urxentes polas que estamos a loitar como a mellora dos prezos para garantir a viabilidade das nosas explotacións, de nada servirán se non son apoiadas despois por leis e normativas que defendan as granxas da posición dominio e abuso a que son sometidas impunemente na cadea de valor.

Polo tanto, as mobilizacións continúan, e dende o Sindicato Labrego Galego seguiremos a pór a disposición dos gandeiros e gandeiras que as apoien tódolos nosos recursos materiais e humanos para manter vivas unha loita e unhas demandas que non só son de xustiza, senón que do seu cumprimento dependen o futuro de decenas de miles de familias e postos de traballo no medio rural do noso país.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.