1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

150915 acidenteaveGaliza - CIG - Vai reclamar á Fiscalía que investigue a responsabilidade dun novo sinistro mortal na obra do AVE en Ourense.


A central xa advertira á Inspección e á Subdelegación sobre as precarias condicións laborais e de seguridade dos operarios/as.

A Unión Local da CIG de Verín e da Limia solicitaralle á Fiscalía a apertura dunha investigación penal para que se depuren as responsabilidades “directas e indirectas” tras o accidente laboral acontecido hoxe nas obras do AVE na localidade ourensá de Laza, no que faleceu un traballador e outro resultou ferido. Dende a central lembran que xa advertiran á Inspección e Traballo e á Subdelegación do Goberno sobre as precarias condicións laborais e de seguridade dos operarios/as.

Accidente AVE

Segundo as informacións que se coñecen, ademais do mozo falecido, no sinistro laboral que tivo lugar esta madrugada do túnel do Corno, no concello de Laza, resultou ferido de gravidade outro traballador que se atopaba canda el no interior da cesta dunha máquina elevadora. Esta nova morte eleva a cinco os operarios falecidos no tramo ourensán desta obra civil.

Dende a Unión Local da CIG de Verín e da Limia anunciaron que lle reclamarán á Fiscalía que abra unha investigación sobre o accidente para depurar non só as responsabilidades directas, “senón tamén as responsabilidades daqueles/as que debendo velar polo cumprimento das normas laborais non o fixeron axeitadamente”. Así, lembran que no mes de marzo deste ano denunciaron ante a Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social e a Subdelegación do Goberno en Ourense a degradación das condicións laborais e de seguridade dos operarios/as e os peches patronais que se estaban a producir.

A central ten constancia, por medio de múltiples sentenzas xudiciais, do brutal exceso de xornada que se realiza nestas obras, incluíndo o tramo no que se produciu este último sinistro mortal. “Esta circunstancia, xunto coa interpretación das relacións laborais como a explotación de persoas por outras persoas, configura un caldo de cultivo perfecto para os accidentes de traballo”, denuncian.

A contestación da autoridade laboral, nun escrito dirixido á Subdelegación, limitouse a comunicar que o técnico que acudira á zona do Corno comprobou que os principais traballos se estaban a realizar no interior do túnel, a onde non puido acceder “porque o director facultativo da empresa Coprasa non nos posibilita a entrada por estar a realizar traballos con explosivos”, segundo figura no escrito de resposta. Tamén se recolle literalmente que “as condicións de seguridade e saúde no interior do túnel, cando se estea practicando a técnica mineira, non son competencia da Inspección, senón da autoridade mineira”.

Respecto á xornada laboral que se realiza no interior do túnel, a Inspección comunica que “as empresas que prestan servizos no interior, posteriormente á visita inspectora, achegan os rexistros diarios de xornada, sendo as mesmas de 8 horas diarias, e estando asinadas polos traballadores/as”.

Dende a CIG consideran que “se é desacougante constatar que os órganos encargados de velar polo cumprimento das normas laborais e a Subdelegación 'marean a perdiz' en base a todo tipo de pretextos competenciais e burocráticos sen facer absolutamente nada ante as denuncias, máis desacougante é aínda atoparnos conque para comprobar a xornada realizada no treito do AVE se utilizan métodos de investigación tan eficaces como pedirlle ás empresas os partes de traballo diarios; dito doutro xeito, a Inspección solicítalle ao incumpridor que lle certifique que incumpre”.

Ausencia de inspectores/as especializados/as

Pola súa banda, a Unión Comarcal da CIG de Ourense amosaron o seu profundo pesar pola morte do operario e trasladaron as súas condolencias á familia e aos compañeiros/as de traballo. Entenden que os cinco accidentes mortais rexistrados até o momento no tramo ourensán das obras do AVE poderían seguramente terse evitado “de respectarse as medidas de prevención e seguridade legalmente esixíbeis”.

Ao mesmo tempo, cualifican de absolutamente inxustificábel que a Consellería de Industria, encargada legalmente de velar pola seguridade no interior dos túneles, non dispón dun só inspector/a especializado na materia en toda Galiza”.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.