Destaca a CNT que responsabilizar aos gandeiros da posibilidade de que 120 traballadores e traballadoras do DIA fiquen sen traballo e soldo «pon de manifesto a forma que ten DIA de actuar vulnerando constantemente a lei co obxectivo de meter medo e, por outro lado, aumentar os seus beneficios».
Neste sentido, o lock-out ordenado pola patronal «pode ser ilícito se está baseado en circunstancias alleas á empresa e exceder a regulacion constitucional desta figura». O sindicato advirte que «se o empresario non pode dar tarefas aos empregados e empregadas, ten que facerse cargo igualmente do seu salario, como indica a lei».
Do mesmo modo, a CNT ofrece o seu sindicato de Compostela a todos os traballadores e traballadoras do DIA para que reclamar á a empresa o que lles corresponde.