1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

220210_instalacons.jpgCIG - Os traballadores/as rexeitan a actitude violenta amosada esta mañá por unha parella nun centro de A Coruña.


A folga de traballadores e traballadoras de instalacións deportivas suma xa 22 días consecutivos (aos que habería que engadir as anteriores xornadas de paro) coa perspectiva do que poida acontecer na xuntanza entre os representantes da patronal e a parte social, convocada pola Dirección Xeral de Relacións Laborais. Reunión da que se agarda un compromiso serio do empresariado que permita desbloquear o conflito.

Á xuntanza, que se vai celebrar en Compostela a partir das 18:30 horas, agárdase que acuda a representación da patronal a pesar das dúas reiteradas presións para sentar a negociar só se se producía unha desconvocatoria da folga. Dende as organizacións sindicais lémbrase que en todo momento estiveron abertos ao diálogo e que foi a patronal a que rexeitou manterse nas mesas de negociación.

Enfrontamento na Casa da Auga

Mentres, a folga continúa adiante, e hoxe os traballadores/as volveron saír ás rúas para visibilizar as súas reivindicacións. En A Coruña os usuarios/as dos centros tiñan convocada unha concentración diante do complexo deportivo de Riazor, na que tamén participaron os/as folguistas, que dende alí trasladaron as protestas á Casa da Auga.

Alí celebraron unha numerosa concentración que se desenvolvía con normalidade até que unha parella de usuarios se encarou e ameazou aos traballadores/as en folga, protagonizando un violento enfrontamento co piquete. O usuario, que se espiu da cintura para arriba como se se atopase nun filme de acción, encarouse verbalmente co piquete e mesmo se abalanzou sobre algún traballador para golpealo. Nese momento, outro grupo de persoas intentou conter ao usuario e interviñeron os axentes de policía que había no lugar formando un tumultuoso balbordo, ao final do que un traballador rematou sendo golpeado cunha porra por un policía. Finalmente, acudiu até a instalación a policía nacional que identificou ao usuario e lle  impediu a súa saída do recinto até que o piquete abandonou por completo o centro.

Dende as organizacións sindicais laméntase este tipo de actitudes contra un colectivo de persoas que lexitimamente está exercendo o seu dereito á folga na demanda dunhas condicións laborais dignas. Así mesmo reiterouse o agradecemento ao apoio e solidariedade amosados até agora pola maioría dos usuarios e usuarias das instalacións deportivas e animóuselles a reclamar ás empresas a devolución das cotas correspondentes aos días nos que os centros permaneceron pechados.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.