1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

131213 telemarkGaliza - CIG - Delegados/as sindicais e traballadores/as de Unísono mobilízanse para rexeitar dous novos despedimentos en Vigo.


Dende a sección sindical da CIG tildan a decisión de inxustificada e reclaman carga de traballo estábel na compañía de telemarketing
Delegados/as e traballadores/as de Unísono convocados/as pola sección sindical da CIG realizaron unha concentración onte ás portas da empresa en Vigo para rexeitar dous novos despedimentos na compañía de telemarketing. Dende a central nacionalista consideran totalmente inxustificadas as rescisións de contrato e reclaman carga de traballo estábel.

A protesta diante das instalacións de Unísono, na Gran Vía de Vigo, desenvolveuse entre as 14.30 e as 15.30 horas e nela participaron delegados/as sindicais e traballadores/as, ademais do secretario nacional da federación de Banca da CIG, Clodomiro Montero, e do secretario comarcal da CIG de Vigo, Serafín Otero.

Durante unha hora escoitáronse berros contra os despedimentos e críticas á actitude da dirección da empresa de telemarketing: "Sen as traballadoras non sodes ninguén" ou "Non son recursos, non son humanos, son os que enchen as colas do paro".

Dende a sección sindical da CIG en Unísono explicaron que a empresa despediu dúas traballadoras de GolTV que viñan desenvolvendo o seu labor no BBVA e na OCU tras a finalización do ERTE. Neste senso, tildan a decisión de "totalmente inxustificada" e lembran que ningún responsábel da compañía foi quen de explicar o motivo duns despedimentos que cualifican de "arbitrarios".

Segundo denuncian, Unísono pretende desfacerse do suposto "excedente" de persoal sen ter que afrontar os gastos das indemnizacións, "para o que utiliza argumentacións peregrinas". Diante disto, dende a central nacionalista aclaran que responderán con mobilizacións e reclámanlle á empresa que cese no seu "ataque permanente a un cadro de persoal suficientemente maltratado e explotado".

Finalmente, esixen carga de traballo estábel e que a compañía lle facilite a formación en vendas aos empregados/as.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.