1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

141212 eneagaGaliza - CUT - Na tarde de onte celebrábanse no NH Obradoiro, centro compostelán da multinacional hoteleira NH Hoteles España SL, as eleccións sindicais para os tres delegados de persoal a elexir entre todo o cadro de persoal.


Os resultados case non sorprenderon a ninguén: 100% da representación para a CUT, que pasaba de ter un delegado a obter os tres postos representativos.

Os tres compañeiros e compañeiras Dina Casais, Leonardo Da Cruz e David Rei, presentábanse ás eleccións no seo dun fondo conflito coa empresa que decidira despedir a David Rei, secretario da sección sindical e candidato, unha vez preavisadas as eleccións. A central sindical decidiu candidatar igualmente ao amparo de diversas sentenzas ao compañeiro David Rei, que finalmente obtivo acta de delegado. Hoxe, este compañeiro atópase na situación irregular de ser representante dos traballadores e traballadoras e seguir loitando pola súa readmisión.

Brais González, secretario de Acción Sindical da CUT Compostela, calificaba esta mañá de "clara vitoria contra a represión sindical" os resultados, ao tempo que aseguraba "que este resultado contén unha mensaxe nidia para a empresa do conxunto do cadro de persoal; o fartádego da presenza de prácticas antisindicais na empresa, ao que se suma o premio colectivo a unha práctica sindical coherente e de radicalidade democrática e asemblearia".

A Sección Sindical da CUT no centro, garante deste éxito sindical, celebraba na tarde de onte os resultados "coa firme decisión de seguir a loitar pola readmisión de David Rei Varela, posto que non permitiremos que este compañeiro, agora delegado, fique na rúa. Querémolo connosco".

A CUT asevera que "non permitirá neste momento nin a máis mínima práctica antisindical, xa que as traballadoras e traballadores decidiron apostar por unha representación colectiva firme e por unha voz unánime". Ao tempo, comprométense a anunciar en breve prazo as diferentes decisións mobilizadoras que se están a barallar para demandar publicamente a readmisión de David Rei.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.