Segundo denuncia Xabier Santos, secretario da Unión Local da CIG en Cee, "o persoal destes centros só libra un día á semana cando, segundo o convenio colectivo polo que se rexe, corresponderíalles 48 horas ininterrompidas". De feito, Santos asegura que xa van 3 anos de denuncias ante a Inspección de Traballo, e que xa en maio do 2010 saíu a primeira resolución favorable para o traballador.
Santos explica que "malia esta resolución, a empresa continuou sen cumprir coa xornada legal, o que obrigou a presentar unha demanda, en principio individual, a través dos dous delegados de persoal de Cee-Bertamiráns, no Xulgado do Social da Coruña".
"Ainda assim", continua Santos, "a empresa, que xa ten presentados os calendarios trimestrais, segue sen aplicar o descanso semanal nen sequer ao delegado que gañou a demanda". Ademais, engade que "este ano, entre as dúas tendas de Carrefour de Cee e Bertamiráns tiveron máis de 300.000 euros de lucro. Porén, hai un recorte de cadro de persoal encuberto, xa que non se cobren as licenças médicas nen as férias, nen se procedeu a substituír àquelas pessoas que de maneira voluntaria marcharon –arredor de 15 trabalhadoras/es, entre as duas tendas, o que repercute na carga de traballo".
Foto: QPNC - Carrefour Market de Cee