Foto do CSCPPP - No Dia Internacional da Mulher Trabalhadora, o CSCPPP reclama a anistia.
Neste día non esquecen que as mulleres traballadoras (dentro e fora do fogar), baixo o xugo de dous sistemas criminais como son o patriarcado e o capitalismo, seguemos a sofrer a opresión máis brutal, que se acentúa máis se cabe no marco de crise no que seguimos inmersas. As intolerables barreiras ás que nos debemos enfrentar cada día (explotación, invisibilización, violencia, negación de autonomía, etc) seguen sendo incontables, e as súas consecuencias, mortais.
"Por suposto, tampouco queremos esquecernos hoxe de todas as mulleres que loitaron polos nosos dereitos, para que o mundo sexa un lugar mellor e máis xusto. Moitas de elas hoxe están encarceradas. Son presas políticas que, literalmente, deron todo por esta loita e que seguen sofrendo, coa cabeza ben alta, as represalias do Estado. Non debemos deixar que as íllen, encarcelen, torturen", din, e peden "Que o día de hoxe serva tamén para reivindicar a Amnistía, para berrar ben alto que as queremos fóra, con nós, e que con elas e todxs xs demáis rematemos con estes sistemas xenocidas e academos, ao fin, a máis plena igualdade e emancipación".
Sen mulleres non hai revolución!