A edición deste ano leva por título “Creadoras de Ciencia”, xa que o calendario está dedicado á visibilización de mulleres biotecnólogas, oncólogas, inventoras, biólogas, químicas, físicas, matemáticas,médicas, farmacéuticas... Unha ampla proposta que pretende paliar o déficit de representación que padecen as mulleres científicas no sistema educativo, o que sen dúbida contribúe a reproducir os estereotipos de xénero e perpetúa a brecha de xénero na escolla de estudos post-obrigatorios.
Enlace ao calendario : http://www.steg.gal/muller/contidos.asp?cid=18&ssid=121