1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

22826495806 b07e72fe14 zGaliza - PFG - A Plataforma Feminista Galega esixe o cese inmediato do primeiro tenente de alcalde de Moraña, Jorge Caldas, polos insultos machistas á presidenta da Deputación, Carmela Silva. Para a PFG, é inconcebible que se manteña no seu cargo a quen tamén, paradoxicamente, ostenta a máxima responsabilidade da área de Igualdade nese municipio.


Foto de Adolfo Luján (CC by-nc-nd/2.0/)

Considera a plataforma que non se pode consentir, e moito menos deixar nun cargo público que traballa supostamete en prol da igualdade, que unha persoa empregue a agresividade verbal e o machismo máis noxento contra unha muller. Para esta entidade, tamén é rexeitable a actitude da alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro Arcos, que primeiro aplaudiu e logo xustificou as manifestacións agresivas e os insultos, indicando que resulta especialmente grave que alguén, sobre todo unha muller que, ademais, é alcaldesa dun municipio, poida chegar a xustificar o machismo.

A Plataforma Feminista Galega esixe do PP ao máis alto nivel, nomeadamente a Alberto Núñez Feijoo, que tome as medidas necesarias contra este caso e outros que se están a producir nese partido, como o de Baltar, presidente da Deputación de Ourense. "As mulleres feministas queremos fóra da política a persoas como José Manuel Baltar ou Jorge Caldas", manifestaron, ao tempo que incidiron en que "non valen disculpas que xustifiquen estas agresións"


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.