Por ser muller, 20% menos de salario que un home. É a media da diferença salarial por sexos que hoxe existe na Galiza. Lémbranolo un relatório do gabinete do sindicato CIG, que aponta a que o ano 2014 se despediu cun salário medio anual para os homens de 19.746 euros enquanto a media para as mulleres ficaba por baixo de 15.500. Estamos a falar dunha diferenza de máis de 4.000 euros anuais.
Mais desde o inicio da crise esa desigualdade foi diminuindo. Mais esa redución responde a motivos que nada teñen a ver coa igualdade de xénero: “Se no ano 2009 o salario medio dunha muller representaba 76,9% do dun home, en 2014 é 78,1%. As diferenzas atenuáronse polo maior descenso dos rendimentos salariais rebidos polos homes fronte aos das mulleres, non porque crescessem máis uns do que outros”, afirma o sindicato nacionalista.
O menor diferencial prodúcese a partir de 2011, cando os salarios das mulleres comezan a recuperarse levemente e os dos homes continúan en descenso. “Ao ser a construción e o setor industrial os setores máis afetados pola crise, e seren estes moi masculinizados, foi onde máis emprego se perdeu e onde se aplicaron en maior medida as reducións salariais que a reforma laboral permitiu”.