1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

281215 assGaliza - Sermos Galiza - [M.O.] A piques de se fechar o 2015, Galiza atópase entre os territorios nos que tiveron lugar máis feminicidios, un total de seis.


Sitúase após Andalucía, con 12 e da Comunitat Valenciana e comparte o mesmo número de asasinatos que Catalunya

O balanzo de feminicidios fica lonxe de experimentar mellora ningunha. A 26 de decembro rexistráronse en 2015 o mesmo número de mulleres asasinadas por violencia machista que no día 31 de 2014. A última das vítimas foi asasinada o 23 de decembro en Villena, Alacant.

Segundo os dados oficiais do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, por territorios, onde máis casos de feminicidios se produciron foi en Andalucía, con 12 casos, seguida da Comunitat Valenciana, con nove, e de Galiza e Catalunya, con seis cada unha. As mulleres que morreron no país asasinadas polas súas parellas ou ex parellas foron, de acordo coas cifras oficiais, Isabel Fuentes (Ourense), Beatriz Rodríguez (Arbo), Divina (Vigo),Silvina (Vigo), Conchi Reguera (Pontesampaio-Pontevedra) e María José R.F. (Vigo).

Após Galiza e Catalunya, sitúanse Madrid, con catro feminicidios e Euskadi e as Canarias, con tres cada unha. E completan a listaxe Asturias e Castilla-León, con dous casos cada unha, Illes Balears, Cantabria, Castilla La Mancha, Aragón, Extremadura, Murcia e Alacant, cun caso. Amais, segundo o Ministerio, investíganse outros tres casos: dous en Málaga e un en Asturias. Deste xeito, só en Nafarroa, en La Rioja e en Ceuta e Melilla non se rexistrou ningún feminicidio.

Ademais, Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade apunta que en total ficaron orfos de nai 49 crianzas. Tres menores foron asasinados a mans dos seus pais ou das parellas ou ex parellas das asasinadas. Dez casos atópanse a día de hoxe en investigación, entre eles, o das rapazas de Moraña asasinadas polo seu pai


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.