1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

pfgGaliza - PFG - A convocatoria da Marcha 7 DE NOVEMBRO EN MADRID supón a primeira mobilización estatal do movemento feminista contra as violencias machistas. Máis de 300 organizacións feministas están planificando a súa participación, así como outras organizacións políticas e sindicatos que se suman á protesta.


Múltiples mocións de apoio á Marcha do 7N se están a presentar nos plenos de concellos e deputacións de toda Galiza e ademais algunha delas está a colaborar na organización deste evento.

Ver moción: http://marcha7nmadrid.org/wp-content/uploads/2015/09/Mocion.pdf e manifesto http://marcha7nmadrid.org/gl/wp-content/uploads/sites/2/2015/09/Manifiesto7NGL.pdf 

A Marcha 7 DE NOVEMBRO EN MADRID supón a primeira mobilización estatal do movemento feminista contra as violencias machistas. Máis de 300 organizacións feministas están planificando a súa su participación, así como outras organizacións políticas e sindicatos que se suman á protesta. Ese día, máis de 200 autobuses, sumados ás que irán en avión e trens, chegarán a Madrid para esixir que o terrorismo machista sexa unha cuestión de Estado. Desde a Plataforma Feminista Galega vimos traballando na organización de este evento desde hai xa tempo e mobilizaremos 12 autobuses a Madrid para ter presenza propria na marcha estatal do 7N en Madrid para denunciar o Feminicidio.

Desde a Plataforma Feminista Galega veñen traballando na organización de este evento desde hai xa tempo e mobilizaremos 12 autobuses a Madrid para ter presenza propria na marcha estatal do 7N en Madrid para denunciar o Feminicidio.

Igualmente, acordouse convidar á poboación a asistir vestida de cor morado ou negro, e que na pancarta de cabeceira vaian mulleres militantes dos diversos colectivos e/ou asociacións feministas, auténticas protagonistas deste evento.

Na Deputación da Coruña tras diversas xestións realizadas e compromisos mostrados para poñer a disposición da cidadanía autobuses para facilitar a marcha a Madrid a 2 días da mesma recibíuse contestación oficial na que retiran esa posibilidade, solventando este problema o compromiso e solidariedade das compañeiras feministas e das organizacións que conforman a Plataforma.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.