1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

271015 violenciaGaliza - CIG - As protestas polo asasinato de Conchi Reguera prodúcense só 19 días despois das convocadas en repulsa ao asasinato de Silvina de Oliveira


Hai 19 días centos de persoas mobilizábanse nas prazas das cidades e vilas galegas para rexeitar a violencia machista. Onte pola tarde, as protestas de repulsa volvían repetirse tras o asasinato a coiteladas o pasado sábado de Conchi Reguera, a sétima vítima mortal do machismo en Galiza neste 2015. Aínda que para as estatísticas oficiais estamos ante o quinto caso de asasinato machista, pois nin o das meniñas de Moraña, nin o da parella da segunda asasinada en Arbo son computábeis, dado que a definición de vítima só se cinxe ao ámbito da parella.

“Estamos hoxe aquí porque queremos mudar unha situación insostíbel para as mulleres e porque forma parte da nosa responsabilidade. Queremos visibilizar o noso rexeitamento, que toda a sociedade entenda que é a nosa vida a que está en perigo. Que non lle pertencemos a ninguén. Que podo ser eu a próxima, que podes ser ti, a túa filla, a túa nai, a túa veciña. E que non imos ficar caladas”, con estas palabras lidas ao remate da concentración celebrada na Coruña pódese resumir o sentir dos centos de persoas que onte participaron nas protestas convocadas polo feminismo galego.

En tan só 48 horas foron catro as vítimas, unha delas na Galiza, e o resto no Estado. Nos últimos cinco anos, 80 galegas foron asasinadas por mor da violencia machista. 617 no Estado español. Un feminicidio, denunciouse, invisibilizado polos poderes públicos, pola xustiza, polo goberno do Partido Popular, mesmo polos medios de comunicación.

“O terrorismo é o machismo”, foi unha das consignas que se berraron para denunciar que as vidas destas mulleres non teñen o mesmo peso, a mesma importancia, nin a mesma resposta que de tratarse doutro tipo de terrorismo. “Non hai comparecencias pola vía da urxencia dos presidentes do Goberno da Xunta de Galiza, nin do Estado español, tan só ocupan minutos de silencio institucional. Son tantos os asasinatos que a sociedade está insensibilizada, asume de xeito normalizado un novo caso de terrorismo machista”.

Unha situación fronte á que, advertiuse, “non imos agardar minutos de silencio polas vítimas, senón que, imos saír á rúa ao día seguinte de aparecer publicado na prensa escrita un asasinato por mor da violencia machista. Farémolo todos os días que faga falta, esixindo xustiza, loitando pola igualdade e polo respecto. Contra os valores patriarcais que perpetúen e consolidan na sociedade esta violencia machista”.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.