1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

9059118771 23aaa071be zGaliza - PFG - Un grupo de mulleres que integran a nova plataforma compareceron en rolda de prensa para informar sobre a mesma e anunciar unha das accións nas que está a traballar: a Marcha contra as Violencias Machistas do 7N en Madrid.


Foto do Diário Liberdade - Manifestaçom Nacional em Defesa do Direito ao Aborto, em junho de 2013.

Co obxectivo de loitar xuntas pola igualdade e contra o machismo nas súas diferentes manifestacións, mulleres integrantes en entidades feministas, agrupacións, sindicatos e partidos políticos, así como moitas outras independentes e non vencelladas a ningunha destas organizacións, veñen de crear unha nova plataforma: a Plataforma Feminista Galega.

Como xa acontece coa Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, fundamental na loita –con victoria final para o feminismo- contra a pretendida contrarreforma de Gallardón, a unión das mulleres ten demostrado un maior nivel de eficacia nas principais reclamacións e, con ese lema de traballar xuntas, nace a PFG. E un grupo de mulleres que forma parte da mesma compareceron onte, martes, en rolda de prensa para presentala e, ademais, para explicar algunhas das accións nas que está a traballar nestes primeiros tempos de andaina.

Un deles é a organización da Marcha contra as Violencias Machistas, que terá lugar en Madrid o 7 de novembro e que contará coa presenza de moitas das mulleres desta plataforma. A presentación de mocións nos concellos galegos, e a recollida de adhesións son algunhas das iniciativas que está a desenvolver a PFG ao longo destas semanas, e das que seguirán informando en vindeiras datas.

Nesta rolda de prensa informaron que desde a Galiza se está a organizar un grupo para a viaxe a Madrid. A Plataforma Feminista Galega ten xestionado 560 prazas para quen se queira achegar á Marcha contra as Violencias Machistas. A viaxe será realizada en tren e terá saída de Vigo e A Coruña. A saída está prevista para as 12 da noite do día 6 de novembro facendo parada en Pontevedra, Vilagarcía, Compostela e Ourense con chegada a Madrid ás 8h.

Achegouse informacións adicionais na rolda de prensa:

Que é a Plataforma Feminista Galega?

Despois do traballo unitario do feminismo galego iniciado desde a Plataforma Galega Polo Dereito ao Abroto boa parte das organizacións, asociacións e mulleres feministas que alí estabamos traballando valoramos a necesidade e a urxencia de artellar unha ferramenta para dar continuidade a ese traballo en común. É así como xorde a idea da posta en andamento da Plataforma Feminista Galega que nace como un instrumento de participación e acción política do e para o feminismo galego. intenta ser, pois a “Plataforma Feminista Galega” (PFG) unha ferramenta que permita a confluencia feminista en Galiza.

Este proceso aínda en construcción iniciouse ao comprobarmos que era posíbel crear un espazo de traballo común.


Marcaronse os seguintes puntos de funcionamento:

1. Poderán ser integrantes da PFG todas aquelas organizacións feminista e/ou mixtas que así o soliciten. Ademais, poderán integrarse tamén mulleres feministas, que a

título persoal, desexen participar e traballar neste novo espazo feminista galego.

2. Os ámbitos de actuación da PFG abrnaguerán todos aqueles que teñan que ver cos problemas de desigualdade e discriminación machista do noso entorno, en xeral; e violencia de xénero e o feminicidio, en particular.

3. A PFG non terá unha estrutura vertical de funcionamento, senón que será horizontal, de carácter asembleario e aberto para as mulleres, traballando sempre de abaixo a arriba. Achamos que aínda son precisos espazos propios para construirmos

4. O sistema para a toma de decisión na PFG será sempre o consenso.

5. Se establecerán accións para fomentar a formación e difusión de contidos feministas compartindo documentación a todos os niveis entre as integrantes da PFG.

Marcha Estatal Contra as Violencias Machistas

Mulleres de todos os pobos do Estado, e de distintas organizacións, viñamos reclamando unha mobilización que puxese de manifesto a indignación ante os continuos asasinatos de mulleres a mans das súas parellas (ou exparellas) e desde finais de decembro a partir dunha iniciativa da Coordinadora Feminista de Valencia a idea dunha marcha a Madrid vense falando vía whatsapp, en grupos no Faceboock ou listas de correo. Co paso dos meses o número de adhesións de organizacións de mulleres, e mulleres a título individual foi en aumento.

Unha primeira reunión celebrada o 28 febreiro en Madrid definiu a convocatoria "Contra as violencias machistas" que, ademais de visibilizar a repulsa á violencia de xénero, propon esixir compromisos serios e definitivos das forzas políticas, que a loita contra o terrorismo machista teña caracter de Cuestión de Estado. Que recolla e asegure os mínimos que todos os partidos e gobernos deben incluir na súa axenda política, políticas. Exixindo que as partidas orzamentarias para a prevención e loita conta o feminicidio non descendan mentres haxa unha vítima sen protección ou atención e até que non se repare a todas as vítimas. Un pacto, en definitiva, das forzas políticas para erradicar a violencia que sofremos as mulleres e que alcanza indiscriminadamente a calquera integrante da contorna familiar (fillos, fillas).

Aínda que a convocatoria e o traballo para erradicar o feminicidio é a longo prazo, tívose en conta o calendario electoral (a marcha celebraríase en datas próximas ás eleccións xerais) e a importancia de realizar un chamamento que englobe a cantas máis organizacións de todo o estado, pero tamén coa precaución de facela á marxe dos partidos, aos que se convida a participar, a apoiar, pero sen ningún protagonismo, porque desta volta as protagonistas teñen que ser as mulleres, nas vítimas e non no aproveitamento eleitoralista das nosas loitas.

Sen dúbida, as redes sociais están a ser dinamizadoras e axitadoras desta convocatoria, para a que se lanzaron xa unha serie de hashtags, como #TerrorismoMachista #CuestiónEstado #NosFaltanTodas #NiUnaMenos #7Novembro #MarchaContraViolenciasMachistas

O activismo nas redes combínase coas accións que se realizan ao longo de todos os territorios. En moitas localidades hai unha convocatoria fixa, como en Vigo, xunto con outras iniciativas inmediatas en repulsa a cada asasinato, como as que se van celebrar mañá en diferentes puntos do País.

A diferenza doutras convocatorias, a "Marcha contra as violencias machistas" parte co referendo de organizacións feministas de todas as tendencias, desde as máis próximas a estruturas partidarias até as autónomas, polo que mal se ten que dar para que non se enchan as rúas do centro esixindo ese compromiso pola vida de todas. Como xa sinalamos en varias ocasións, a pandemia da violencia de xénero ataca a mulleres de toda raza e condición, do leste e do oeste, por iso é tan importante que os compromisos abrangan a todos os axentes políticos e sociais. Porque nos afecta a todas e todos, e é problema de todas e de todos.

Os datos de Galiza son dramáticos: no que vai de ano, son catro as mulleres asasinadas e dúas nenas; isto coloca a Galiza como un dos territorios cun maior índice de vítimas mortais e, polo tanto, debe obrigar ás administracións a poñer un maior empeño nas políticas de loita contra a violencia de xénero.

Desde o movemento feminista estamos a mobilizarnos en cada territorio mediante asembleas e encontros onde imos fixando as accións e as estratexias de cara o 7 de novembro, están confirmadas as participacións das 17 Comunidades Autónomas, así como das Cidades Autónomas de Ceuta e Melilla para a histórica xornada de protesta Contra as Violencias Machistas.

No caso galego a Plataforma Feminista ten a encomenda de coordinar as accións previas así como os diferentes grupos que se desplacen desde Galicia.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.