Este tipo de ideas son as que a experta exporá na súa charla A loita Transfeminista á que se poderá acodir este xoves 17 de setembro as 20.00 horas no Centro Social A Comuna.
Laura falará de transfeminismo, corrente do feminismo que non se centra solamente na busca da igualdade das mulleres, senón que ao mesmo tempo loita contra o heteropatriarcado e contra o binarismo de xénero tradicional. A activista reivindicará o transfeminismo como unha loita global, “unha loita de todas as loitas”, xa que cómpre crear sinerxias con outros colectivos. Laura explicará que non existe un único concepto home-muller e insistirá na necesidade de desaprender certas dinámicas adquiridas da tradición e na cotidianidade. Tocará tamén temas como a loita en prol da despatolixización da diferencia e o dereito a decidir o que facemos cos nosos propios corpos.
As aportacións de Laura Bugalho ao discurso feminista dende a perspectiva trans teñen sido fundamentais nos debates e nas prácticas feministas actuais. O seu traballo, como sindicalista, está centrado tamén nos dereitos das persoas migrantes.